Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Grand Trail Costa da Morte 2019 será puntuable para o Ultra Trail do Mont Blanc

O Grand Trail Costa da Morte 2019 será puntuable para o Ultra Trail do Mont Blanc

Prepárase a Costa da Morte para outra proba deportiva de alto nivel internacional. Facendo un paralelismo co GGran Trail Costa da MOrte por Cabo Vilanran Fondo Ézaro, a Costa da Morte acollerá o Grand Trail Costa da Morte entre os días 14 e 20 de setembro que recorrerá 100 kms en 3 etapas e 265 kms en 7 etapas. Organizado pola A.D. Costa da Morte Outdoor Sports en colaboración coa Diputación da Coruña e Tuga Active Wear, a proba será puntuable para o Ultra Trail do Mont Blanc, o evento más mediático da especialidade a nivel mundial.
Esta proba que goza dunha grandísima popularidade sendo á que todo practicante de trail running, profesional ou popular, quere asistir. 25.678 persoas téñense preinscrito para optar a unha das 8.500 prazas que se ofertaron este ano.

Poderán participar un máximo de 150 participantes entre as 2 modalidades, pois 75 prazas serán reservadas para a proba de 7 etapas e 75 para a proba de 3 etapas.

A esixente carreira percorrerá 14 concellos da Costa da Morte. Sairá de Caión (A Laracha) para finalizar en O Pindo (Carnota) en 7 etapas que tendrán meta en Malpica, Ponteceso, Laxe, Camariñas, Muxía, Fisterra e O Pindo (Carnota). Pasará por Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiñvos, Ponteceso, Cabana de Bergantiñvos, Laxe, Camariñas, Vimianzo, Muxía, Cee, Fisterra, Dumbría, Mazaricos e Carnota.

Os participantes na versión de 3 etapas finalizarán a competición en Laxe.

Ademais será un xeito de unir as rutas do litoral costeiro, unindo diferentes senllas existentes como a Ruta dos Pinos no Mar, O Camiño dos Faros, o Camiño de Santiago e Monte Pindo, entre outras.

Outra novidade é que este añou os participantes pernoctarán nos concellos finais de etapa para evitar desprazamentos e axudar ao descanso dos corredores.

Gran Trail Costa da MOrte por Cabo Vilan

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/15-valientes-fan-estes-dias-o-ultra-trail-costa-da-morte/

Comentarios