Venres. 29.03.2024
El tiempo

O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de "Rutas científicas, artísticas e literarias"

O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de "Rutas científicas, artísticas e literarias"
No programa participan un total dezaseis centros educativos No programa participan un total dezaseis centros educativos Un grupo de 24 alumnos e alumnas de 2º de ESO do IES Pedra da Aguia, de Camariñas, participarán no programa nacional "Rutas Científicas, Artísticas e Literarias" do MEC - Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - . O programa desenvolveráse do 1 ao 7 de novembro polas provincias de Madrid, Toledo e Cuenca. Os rapaces, que irán acompañados de dúas mestras do centro, presentaron no seu momento un proxecto a esta convocatoria, onde resultou seleccionado xunto co de outros 16 centros de todo o estado. O Programa “Rutas Científicas, Artísticas e Literarias” pretende ademais de dar continuación aos coñecementos recibidos polos alumnos na aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida nos seus respectivos centros, a través de contornas máis experimentais e visuais. Isto favorecerá non só á súa formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, ambiental e social, senón tamén ao seu desenvolvemento integral.  No percorrido irán acompañados do alumnado de 2º de  ESO do IES Marqués de los Vélez, de El Palmar (Murcia). Colaboracións Os rapaces e rapazas que participan nestre programa de ámbito nacional contaron coa colaboración de varios axentes sociais da vila. Por unha parte, a organización da Mostra do Encaixe de Camariñas proporcionoulles agasallos co fin de que os intercambien co alumnado do instituto co que comparten ruta. O concello de Camariñas subvenciona o 25% do custo dos desprazamentos entre o centro e os lugares de comezo e remate das actividades. E, pola súa banda, Cerdeimar envía unha mostra dos seus productos co fin de que os rapaces de Murcia poidan coñecer e degustar os productos da bisbarra. Fonte  

Comentarios