Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Informe de Secretaría considera desfavorable a modificación orzamentaria que pide o alcalde de Camariñas

O Informe de Secretaría considera desfavorable a modificación orzamentaria que pide o alcalde de Camariñas

”Parece que non é o momento máis axeitado para a presentación e aprobación dunha modificación orzamentaria, e que sería máis prudente esperar a que se resolvese esta situación de incertidume política e xurídica que impide o normal funcionamento dos servizos municipais”.

Así de contundente é o “desfavorable informe” de secretaria e interventora do Concello de Camariñas ante a proposta do alcalde dunha modificación orzamentaria, un movemento semellante á aprobación dos orzamentos que “excede claramente do concepto de administración ordinaria” que pode seguir levando a cabo o alcalde.

Mentres o Concello segue cos orzamentos prorrogados de 2015, a deriva política municipal parece evidente, e así o denuncian neste caso os membros do PP camariñán, que lamentan “o camiño sen rumbo no que nos embarcou o PSOE fai uns meses, e que non queren recoñecer”. Faino despois da comisión de contas celebrada o pasado luns na que se puxo en coñeceemento este informe desfavorable “toda vez que se considera que o alcalde non actúa no exercicio lexítimo do seu cargo”.

Ante probas tan claras, o Partido Popular levantouse da mesa da comisión antes de que se votase o segundo punto, pois “entendemos que de seguir con estas propostas, o único que se faría sería perxudicar os vecinos e colapsar a xestión do Concello”.

 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios