Martes. 23.04.2024
El tiempo

O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte

O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
Pola porta norte entran á Costa da Morte estes vindeiros 4, 5 e 6 de maio, as mellores producións do mundo web. O Festival de contidos dixitais Carballo Interplay celebra a súa 4ª edición e faino con 35 webseries de todo o mundo para a sección oficial, entre outra marea de posibilidades. O público poderá ver unha selección de propostas de Alemaña, Australia, Arxentina, Canadá, Chile, Estados Unidos, Israel, Nova Zelandia, Reino Unido, Ucraína e, por suposto, España. O Carballo Interplay ofrecerá, así, unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das webseries a nivel global. Como vén sendo habitual nas últimas edicións, o humor terá unha presenza abafadora (25 das 35 webseries finalistas son comedias), pero as temáticas son moi variadas: ciencia ficcción, horror, aventura, sátira política... Tamén haberá oco para o drama, o documental e o thriller. E, por suposto, un amplo abano de mesturas e experimentos formais e conceptuais, tan propios do sector máis atrevido e imaxinativo do audiovisual contemporáneo. interplay2017

Concurso

O concurso en si repartirá máis de 5.000 euros en premios. O comité de selección, conformado por seis persoas de diferentes ámbitos do sector audiovisual e da rede elixiu, entre máis de 146 propostas chegadas de todo o mundo, un total de 5 webseries galegas, 12 do resto do Estado e 18 do resto do mundo. 30 delas competirán polo premio á mellor webserie de imaxe real e 5 ao de animación, 18 ao premio á mellor webserie internacional e 6 á de versión orixinal en galego. As 35 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques -un de versión orixinal en galego, tres internacionais e dous do Estado- nas tardes do xoves 4, do venres 5 e do sábado 6, no Auditorio de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e gratuíta ata completar aforamento.

As webseries finalistas

As finalistas galegas: Galicia Crime, Antolepsia, Dalle Jas! (2T), As aventuras de Po e Teño unha horta en San Sadurniño. As finalistas españolas: El show de Teresa Cuesta, Beto, Caniville, Cómo dejar los porros, Carlinos. La webserie, Judge Dredd: Superfiend. A todo riesgo, Lara Love, Pésame Street, Briget Jon de Triana, Te Quiero, yo tampoco e El Partido 2. Series finalistas CIP Carballo 2017-Espana As finalistas internacionais: Tube Heads, Midnight Miracle, AFK, Camila no tiene un plan, Boy Scauts, You're the next, Dang It To Heck!, Amy Street, Discocalypse, Si me volviera a enamorar, 5baksiv.net, Piscóticas inseguras, Waiting on Sound, Convos with my 2 years old, Behind The Blinds AKA Filmmaking 101, Psicosomática, Depto e The Dump / La Dump.  

Programa

Ademais das proxeccións, que se desenvolverán cada tarde a parti das 16:00h, a tarde do xoves 4 maio arrincará o CIP 2017 coa presencia do xurado: Rubén Ontiveros, Isa Calderón, Javi Camino, Javier Tri- gales (AGAG) e Giselle Llanio (CREA). A primeira cita será adicada aos proxectos en galego, culminada coa estrea da longametraxe “Fogueo”, de David Sainz. O venres 5 de maio pola mañá comezará cunha mesa de Youtubers, con Isa Calderón e Los Prieto Flores. De Youtubers a Youtubeir@s, pois a segunda mesa para falar da rede social de vídeos en galego. Monkie Lab completarán as actividades da mañá do venres, para dar paso pola tarde a unha master class con Rubén Ontiveros, e unha entrevista profunda no Código Fonte co grupo Chévere. A noite pecharase coa estrea mundial de Peter Brandon, a webserie gañadora do premio ao mellor proxecto de webserie en galego, na 1a convocatoria que fixo o ano pasado o Carballo In- terplay. O sábado 6 de maio comezará reflexionando sobre a profesionalización cun panel formado por Panel con Mafalda González-Alegre (Flooxer), Borja Prieto e Natalia Flores (Está pasando) e Teresa Segura e David Sainz (Diffferent Entertainment). Seguirá falando da interacción Tw-TV con especialistas como Javi Mos (Land Rober Tunai Show, e membro da familia QPC), Pilar Rodríguez (Luar) e Miguel López (El Hematocrítico). Haberá Vermú con Crea e pola tarde, ademais das proxeccións finais, a Gala de clausura, e festa no Bar A Barra. Programa Festival CIP Carballo 2017 1  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios