Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Liño xa espera polo día da súa exaltación

O Liño xa espera polo día da súa exaltación

Cada ano, o Día do Liño xa ten o seu día. A Exaltación da Fía do Liño, que cada ano artella a Asociación de Amigos do Liño de Zas, comandada pola combativa Carmen Riveiro, terá lugar o vindeiro 21 de abril no Polideportivo de Baio. Se o ano pasado eran unhas 430 persoas as que ateigaban o polideportivo demostrando ademais que hai canteira no liño, este ano a idea é a mesma: seguir recuperando e achegando á economía de hoxe unha tradición artesanal.

A partir das 13:00h haberá demostracións de fiado acompañadas polas pandeireteiras Adro de Baio, e polas cantareiras e regueifeiras da zona. O xantar comezará ás 14:00h con comida tradicional, como as migas de pan con chícharos, as patacas con bacallau ou papas de arroz.
O desfile do traxe tradicional galego a cargo dos Amigos do Traxe de Santiego será un dos puntos fortes, que dará paso ao desfile de moda actual con deseños propios da axencia de modelos D. Couceiro. O Baile porá peche á cita.

Xa se poden apuntar á cita por 18€ no Bar Cruce de Baio, ou chamado ao 981 71 82 54.

Novas relacionadas

Comentarios