Venres. 19.04.2024
El tiempo

O mal tempo obriga a cambiar a Quedada de pesca por unha xornada lúdica

O mal tempo obriga a cambiar a Quedada de pesca por unha xornada lúdica
Club de pesca noroeste O Club de Pesca Noroeste tivo que modificar os plans da Quedada de Pesca

Non chega o mellor tempo posible para esta fin de semana no mar. Pero como parece que anda unha borrasca aí latente e que a próxima tampouco virá axeitada, o Club de Pesca Noroeste fai un cambio na programación da II Quedada de pesca e spinning Costa da Morte. Ante a impracticable situación no mar, deciden suspender a actividade de pesca propiamente dita, pero si que manteñen unha interesante xornada lúdica arredor do mar.

”Imos pasalo ben igual e non buscar problemas”, explica Emilio Cambre, promotor dende a tenda A Bordo, que valora que é imposible asumir, sen riscos a actividade pesqueira.

Así, este domingo 18, a partir das 12:00h haberá cita na local local da Asociación Monte Branco, no Couto, Ponteceso. Haberá demostración de movementos de señuelos, de material de pesca, montaxe de baixos, presentación de cebos… E os premios que había para o campionato sortearanse, durante o xantar, “que tamén é importante".

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-quedada-de-pesca-de-fondo-e-spinning-aprazase-polo-tempo-ao-sabado-18/ https://quepasanacosta.gal/dous-pescadores-de-ponteceso-pescan-un-robalo-de-8-300kg/ https://quepasanacosta.gal/a-quedada-de-pesca-uniu-a-medio-centenar-de-pescadores-na-costa-cormela/  

Comentarios