Martes. 16.04.2024
El tiempo

O mar da Coruña cóbrase dúas vidas malpicás

O mar da Coruña cóbrase dúas vidas malpicás
  • Declaracións da Conselleira do Mar sobre o Naufraxio do Nuevo Luz
Declaracións da Conselleira do Mar sobre o Naufraxio do Nuevo Luz

Novas vidas que se cobra o noso mar. Un cerquero con base en Malpica, o Nuevo Luz, afundiu esta pasada madrugada ao carón do Porto Exterior de Suevos, en Arteixo. Dous dos seus tripulantes faleceron, e os outros catro foron rescatados con vida.

Os corpos dos finados foron recollidos polo pesqueiro "Marín Daniel". Tratábase dos veciños de Seixas, José Enrique Carril Rojo, e de Beo, Santiago Manuel Varela Veiga. A Guardamar Concepción Arenal e os pesqueiros Borrasca I e Ribeira III rescataron aos 4 tripulantes con vida.

A parroquia malpicá e de toda a Costa da Morte chora unha nova desgracia no mar.

Outros accidentes no mar

A Cara máis íntima do naufraxio

Fonte

Comentarios