Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O mar das Malvinas en novembro (XI)

O mar das Malvinas en novembro (XI)
Sexan benvidos ao meu humilde fogar no mar das Malvinas. Véxoos desesperanzados, desmellorados e desmoralizados. Compadézovos. O 15, día de San Uxío, cúmprese un ano do afundimento do submarino no que prestaban servizos como membros activos da Armada Arxentina. Como xa comentei, é triste ter que afogarse para poder saír da pichicata macrista. Vostedes sofren ao ver que logo dun ano, aínda hai familiares que seguen intoxicados coas mentiras dun goberno que oculta a verdade e non se arrepinten de terlle crido ao gran candidato trucho que prometía alegría para todos. Gustaríame preguntarlles se viron pasar por riba do submarino ao barco "Seabed Constructor" que din está encargado do rescate. Aínda que sabía a resposta, quíxeno confirmar para que non haxa dúbidas. Estamos sempre no mesmo. O desgoberno fai o paripé de buscalos. A realidade é que non quere que se destape o seu ilegal matufia con forzas armadas estranxeiras. O desprezo aos familiares é manifesto xa que toman a miles de cidadáns por boludos. É certo que teñen do seu parte a moitos abducidos que se morfan o veneno do resentimento coma se fose un café con leite. Agora resulta que a empresa estadounidense "Ocean Infinity" con sé en Texas, labura gratis. Desprázase ata o golfo de San Jorge para colaborar no rescate duns pobres infelices tripulantes dun submarino que se afundiu porque tivo mala sorte. O goberno informa que a empresa cobrará 7,5 millóns de dólares pero soamente si atopa ao submarino. É evidente que nos consideran uns imbélices perdidos. Estasme dicindo que un barco con máis 50 tripulantes e coa máis alta tecnoloxía (ten 8 minisubmarinos robotizados) non cobra polos seus servizos. Queres facerme crer que é o mesmo que cando se establece un acordo para a procura dun tesouro nun antigo galeón que está perfectamente localizado en augas xurisdiccionais. A desfachatez do goberno non ten límites. Fanse os preocupados e invéntanse o de subir ao barco a catro familiares en calidade de veedores. Hai que foderse, che! Os familiares non teñen coñecementos de navegación, como é lóxico, así que non van ver nada. É un engano máis. A empresa cobra millóns por non buscar porque o submarino está perfectamente localizado desde o día en que foi torpedeado. Vostedes coñecen a profundidade máxima no golfo de San Jorge que non pasa dos 101 metros e os minisubmarinos robotizados poden baixar a 6.000 metros de profundidade. Está claro que ao nabo macrista non se lle pode comentar nada que vaia en contra da mentira oficial. Ben, antes de pasar á merenda, pídolles un minuto de silencio en homenaxe ás familias que alá arriba estarán acendendo veas para alumarlles o camiño de volta a casa. Espero que as castañas que preparei estean ben asadas. É así como celebramos a festa do San Martiño (11 de novembro) no meu pobo marinero de Fisterra. Chámaselle magosto, é época de entrar no inverno e hai que fortalecerse. Espero velos o mes que vén para despedir o ano. Os abrazo a todos en irmandade solidaria e pídolles que non se rendan xa que, antes ou despois, os cobardes do autoritario desgoberno recibirán o seu merecido castigo. Chau, vémonos.

Máis artigos dende Lonxe de Montevideo

https://quepasanacosta.gal/montemineo/

Comentarios