Venres. 29.03.2024
El tiempo

O marisco contaminado da ría de Corcubión para os pobres?

O marisco contaminado da ría de Corcubión para os pobres?

Envía hoxe a CIG unha pregunta do BNG presentada o pasado 1 de febreiro por Bieito Lobeira no Parlamento de Galicia, relativa á "suposta intención da Consellería do Medio Rural e do Mar de lle ofrecer marisco contaminado aos "pobres"".

O BNG fai esta pregunta tralos resultados das análises realizadas no marisco reisntaado nas bateas de depuracións de Corcubión (e de Ferrol), que calificaban a ameixa fina como non apta para a súa comercialización e consumo por elevado indice de contaminación por coliformes (fecais).

O asunto chega cando no correo oficial no que se trasladan os resultados destas analíticas, ademais das mesmas, unhas anotacións persoais da Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Delegación Territorial da Coruña diríxese á Consellaría nos seguintes termos:

  • "Curioso resultados, la fina y la japonesa de a pié de Barallobre la peor.... Y la babosa de las pías de Ferrol de la primera semana todo bien... Coruña bien y Corcubión mal.. ¿qué se hace con la corcubión? ¿Se resiembra o se le da a los pobres?"

Dende o BNG consideran de alta gravidade os feitos, polo que preguntan que decidiu facer finalmente a Consellería e se é unha práctica habitual iso de darlle o marisco contaminado aos pobres.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CIG.

Comentarios