Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Mascarón de proa do Serpent nun libro

O Mascarón de proa do Serpent nun libro

Continúa a lenda da Costa da Morte espallándose máis aló das nosas fronteiras. Hoxe damos conta dun novo libro que recolle certos detalles do mítico Serpent, que naufragaba hai 121 anos na Punta do Boi.

Non é outro que o escritor Juan Campos o que nos presenta ao vicealmirante da Mariña británica David Pulvertaft, a quen servíu de guía pola Costa da Morte no 2003 cando veu investigar a autenticidade da metade do mascarón de proa do Serpent que se conserva en Galicia. I é que Pulvertaft acaba de publicar o seu libro "Figureheads of the Royal Navy" (Mascarones de proa da Real Armada).

Segundo nos conta o propio Campos, "David é especialista nos mascarones de proa dos barcos de guerra británicos e o libro aborda de forma exhaustiva todos os temas relacionados con eles: artesáns, contratos, características, temas e símbolos, incluída a historia dos que se conservaron en diversos museos públicos ou privados, dentro e fóra de Inglaterra. David calcula que existiron uns 5.000 só na Royal Navy, dos que sobreviviron uns 200", destaca malia que teme que en España as cifras dos que sobrevivan sexan aínda moito máis baixas.

O libro "abarca desde a época de Enrique VIII, na que aparecen por primeira vez, ata finais do XIX en que debido á evolución e materiais dos buques, desapareceron". Como nos explica Campos "o libro, publicado por Seaforth en 2011, está profusamente ilustrado", e destaca que "un dos mascarones descritos é o do Serpent e reseña brevemente a súa curiosa historia, cunha metade, a esquerda, recuperada tras o naufraxio e gardada en Inglaterra, primeiro en Devonport- Plymouth, e agora no Museo Marítimo Nacional de Greenwich e a outra, a dereita, atopada por aldeáns na costa galega e logo adquirida por un médico cuxos descendentes gárdana na actualidade. Esta metade é a máis interesante, pois contén a cabeza".

O libro inclúe unha das fotos tomadas por David do "barbudo" cando visitou a casa na que se conserva.

Numerosas curiosidades

Podería ter sido máis completo o libro, segundo David lle comentaba a Campos, contando máis detalles da súa procura e encontro co mascarón do Serpent, pero que as limitacións de espazo editoriais impedíronllo. Campos danos algunha pista:

"Por exemplo, a curiosidade de como atopei en internet fai anos unha poxa de obxectos que pertenceran ao comandante Galloway do Lapwing, que dirixiu en Camariñas os labores de rescate dos corpos, e amigo persoal do comandante Ross do Serpent, e entre eles aparecía un fragmento do mascarón cunha placa incrustada que facía alusión á súa orixe, consistente nunha man que sostiña a cabeza da serpe. Como se sabe os mascarones adoitaban facer alusión ao nome do barco e neste caso tratábase dun encantador de serpes. Grazas á miña información David puido puxar na poxa e hoxe ese terceiro fragmento do mascarón do Serpent adorna o seu fogar", repasa Campos.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis novas

  • Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
  • Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
  • Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
  • O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
  • Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
  • Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
  • Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
  • Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
  • Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
  • Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
  • Fonte

    Comentarios