Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Mazachef e o III campus de fútbol súmanse ás ofertas de ocio de Mazaricos

O Mazachef e o III campus de fútbol súmanse ás ofertas de ocio de Mazaricos
Chegan dúas novas propostas de ocio para os nenos e nenas de Mazaricos que se suman ao campamento posto en marcha polo concello e que se está desenvolvendo estes días. Por unha parte, chega o III Campus de Fútbol co que os técnicos de deporte municipais agardan que o éxito das dúas anteriores convocatorias se repita este ano. As inscricións faranse no 981 86 71 04 en horario de 08:00 a 14:00 horas. A actividade será do 23 ao 31 de xullo e nel poden participar nenas e nenos de Mazaricos e tamén doutros concellos. Ademais, chega a primeira edición de Mazachef, un obradoiro de cociña destinado a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos que se desenvolveraá do 1 ao 10 de agosto na aula gastronómica. Os/as interesados/as en participar poden facelo a través da páxina web municipal. Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro é “fundamental que os concellos rurais organicen este tipo de actividades no verán para que os nenos e nenas teñan unha ampla oferta na súa contorna e tamén para que as familias poidan conciliar mellor”. Ao fío disto engadiu que “precisamente a aula gastronómica foi unha aposta para dotar de servizos e formación ás persoas de Mazaricos”. Fonte

Comentarios