Venres. 19.04.2024
El tiempo

O mes de xaneiro en Bos Aires

O mes de xaneiro en Bos Aires
Nos primeiros días de xaneiro doña Macrigaita márcase unhas metas que case nunca cumpre pero que a teñen entretida ata o final de ano. É un xeito de ocupar a mente. Non quere converterse nunha xubilada ao pedo. Aínda que camiña pouco, soamente move o esqueleto cando se patea as 20 cuadras que a separan do Centro Galego, tampouco se excede coa comida. Segue unha dieta de pouca carne, algo de peixe, os ñoquis do 29 e moita verdura. Este mes é moi caluroso e cunha humidade que ablanda os ósos. Vai saír o mínimo, a comprar o pan na esquina e a buscar unhas papas o sábado na feira do barrio. Para aforrar en electricidade -que está moi cara- usa o seu vello abanico que ademais de refrescar o ambiente axúdalle a exercitar o brazo. Fai anos que non pisa a area de ningunha praia. Confórmase. Agora o sol está envenenado e non lle alcanza a xubilación para a crema protectora que se ten que poñer. Vai estar bastante ocupada. Ten un compromiso que asumiu logo da súa visita ao Centro Galego o 29 de decembro en que lle levou os ñoquis da sorte ao apreciado interventor Moyanito. Falaron moito do futuro do hospital. Preguntoulle sobre a posible cesión da xestión ou venda do inmueble e sobre as débedas cos traballadores. Ía moi intranquila pero saíu convencida de que Moyanito é un raparigo con iniciativas. É o mellor interventor para sacar ao Centro Galego da embarrada en que o meteron os derrochadores peronistas. Decatouse de que actuou con firmeza para realizar unha gran limpeza de persoal. Non é fácil o sacar un cravo de mil empregados. Non puido ser condecorado por Triaca pero despois do 11 de febreiro será o propio presidente Macri o que lle impoña a medalla ao mérito da Gran Orde Macrista pola súa patada no orto a mil vagos que eran un lastre para o flote do Centro Galego. Doña Macrigaita comprometeuse a intervir na asemblea do 11 de febreiro. Quere destacar o exemplar desempeño dun interventor que algúns critican porque non saben nada de xestión hospitalaria. Ten un caderno na mesa no que vai escribindo o relato do sucedido desde o feliz nomeamento de Moyanito como interventor xudicial. Seguirá unha orde cronolóxica no que irá sumando eloxios a un raparigo que empezou medio flojo pero que chegou á asemblea extraordinaria co problema resolto. Malia ter escasa oposición xa que os membros das agrupaciones rodeárono como fieis corderitos, igual tivo que poñerse detrás de Estelita Tyson para que non lle rompesen a jeta os graxa do sindicato organizador da Olla Popular. Non quere deixarse nada no tintero para que os asambleístas teñan información completa sobre o intensivo esforzo despregado na colocación de candados. Está revisando os apuntamentos para debullar na asemblea cada un dos intentos de Moyanito para saldar a débeda cos empregados. Estamos falando de 50 millóns de pesos que o INAES non quere poñer. Fai uns días case arranxa cos irmáns Olmos --accionistas maioritarios da prestadora de saúde "Logimed"-- que ofreceron pagar a débeda en 5 mensualidades de 10 millóns pero freouse para evitar que no hospital instalasen unha antena de Crónica TV. O interventor, desesperado, se arrodilló ante Larratta para pedirlle a axuda da SSS/ CABA. Parece que hai vía libre pero antes os interesados de "Centene Corporation" (propietarios de "Ribeira Salud") deben manifestar a súa boa vontade depositando 6 millóns de dólares nunha conta secreta en Delaware. Dise que o noso presidente que é experto no tema non se fía dunha empresa que en Valencia estafou fondos públicos e foi condenada por iso. Por iso é que se está atrasando o acordo. Don Mauricio é precavido cando se trata de defender os intereses de emigrantes que suaron a camiseta na esquina de Belgrano e Pasco. Na súa intervención eximirá de toda responsabilidade ao actual goberno. É evidente que con Cristina se quería manter activa unha mutualista repleta de vagos. Niso chegou Moyanito e acabouse a foda. Doña Macrigaita está convencida de que recibirá un gran aplauso por dicir o que moitos pensan pero calan por temor ás delegadas sindicais que andan armando quilombo con mentiras sobre os salarios. Din que os que bancan a Moyanito cobran enteiro o soldo pero os opositores soamente mil pesos por semana. Hai que ser moi boludo para crer que o interventor fai diferenzas segundo o voto que metiches na urna. Un exemplo de imparcialidade témolo na súa relación coas agrupaciones. Aínda que foron correndo a ofrecerse para colaborar, en calidade de bos macristas, non lles premiou con ningunha bolsa extra de medicamentos e tampouco lles arranxou ningunha cita rápida para consulta médica. O interventor merécese os garbancitos que gaña xa que a pechadura dun hospital para negocio inmobiliario non é tarefa para indecisos. É o bo pastor macrista que conduce ao rebaño ata o seu descanso final na Chacarita.  

Máis artigos dende Lonxe de Montevideo

Comentarios