Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada

O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada
Estimacion de voto en febreiro para as Eleccions 11-15 Recollemos, un mes máis, os datos que nos envía Carlos Neira aos membros da Asociación de Medios en Galego. Uns datos que recolle o analista galego de varias enquisas realizadas por diferentes entidades sobre as intencións de voto de cara ás Eleccións Xerais de novembro de 2015. É dicir, Neira recolle datos brutos de diferentes enquisas e, amosándonos como os cociña, fai a súa análise. Chámalle Neira “O Mirante”, ou "O Ramallo". "O Ramallo" era a denominación que na costa de Valdoviño lle aplicaban aos veciños que querían ver de máis, nas proximidades dunha praia nudista. Así que abrimos a pequena fiestra das enquisas para ver que pulsa a cidadanía española. As análises de Neira de xaneiro e decembro, colocarían a Podemos na Moncloa. Este mes de febreiro, parece que o ascenso da nova formación pega unha pequena baixada. En todo caso, a día de hoxe, Podemos seguiria sendo a forza máis votada, baixando un 0,3% en estimación de voto, no que é o primeiro retroceso demoscópico mensual da súa breve historia. Conta cun punto de vantaxe sobre o PP e con 4 sobre o PSOE. O PP mantén o nivel do mes anterior, o que parece pór fin ao declive que experimentou no último trimestre do ano pasado. Mentres, o PSOE medra algo máis de 1 punto e reduce a distancia que o separa dos dous primeiros. Cabe lembrar que os últimos acontecementos políticos (adianto en Andalucía, pacto antixihadista co PP) aínda non teñen pleno reflexo nesta estimación. Entre as forzas minoritarias de ámbito estatal mantéñense as posicións: IU terceira, UPyD cuarta e Ciudadanos quinta. Existe un retroceso de IU e UPyD e un crecemento de Ciudadanos, medre que é moito máis modesto do que sinalan algunhas enquisas e que se ve limitado polo fin da caída popular. No nacionalismo catalán CiU adianta a ERC, continuando as tendencias percibidas nambas formacións no mes anterior. E nas forzas vascas recupérase un escenario de estabilidade e mínima diferenza entre PNV e EH Bildu. Este mes Compromís-eQUO é a forza de carácter nacionalista e de esquerdas que mostra un maior crecemento. Ademais, Vox aproxímase á insignificancia. Estimacion de voto en febreiro para as Eleccions Xerais 11-15 Voto

Unha Gran coalición?

Escanos para as Eleccions Xerais 11-15 Ningún partido lograría maioría absoluta desde a aparición de Podemos. E a pesar de que Podemos recibiría máis votosa señora Lei de Hon’t ,, a lei electoral e a diferente distribución territorial e demográfica do voto colocaría ao PP como grupo maioritario no Congreso dos Deputados, con arredor de 10 escanos máis que Podemos e uns 20 do PSOE. A día de hoxe, as posibilidades de que Podemos teña máis deputados que o PP son moi remotas. Podemos estivo 3 meses por diante do PP en estimación de voto e só nun deses meses logrou superar ao PP en número de escanos. Podemos necesita adiantar en polo menos 2 puntos aos populares para superalo en representación parlamentaria Deste xeito, en todas as proxeccións desde o verán pasado a Gran Coalición PP+PSOE soa máis que posible dada ademais a adversión dos dous grupos a Podemos, e lles garantiría a maioría absoluta. En todo caso, desde que a finais de outubro Podemos adiantou ao PSOE tamén a suma Podemos+PSOE alcanzaría a maioría absoluta.

Novas sobre as Eleccións Xerais

Novas da AMEGA

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios