Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Ponte de Canelas en Dumbría

O Modesto Patrimonio: A Ponte de Canelas en Dumbría

Poñemos as botas e marchamos detrás de Modesto García Quintáns polos montes da zona. Hoxe non toca un hórreo, unha cruceiro, unha igrexa ou un muíño. Hoxe toca falarmos de historia a través dunha ponte, a ponte de Canelas, no seu concello dumbriés.

 

”A Ponte de Canelas en Dumbría”, por Modesto García Quintáns

Lugar de Canelas de Dumbria-Foto-Modesto Garcia Quintans

Canelas é un lugar situado a uns dous quilómetros ao sur da igrexa parroquial de Dumbría. Ata mediados do s.XX, tanto os veciños como os carros e o gando tiñan que cruzar o río do Fragoso por uns pasais perigosos coñecidos como “A Pesqueira” pretos da devesa de Leis. Pero non só afectaba aos veciños do lugar senón, a tódolos veciños das parroquias de Buxantes e do Ézaro, xa que era paso obrigado de comunicación co territorio do norte principalmente para facer xestións no concello.

Augas arriba destes pasais conflúe o río de Cheo co do Fragoso onde existía una presa que conducía a auga, río abaixo, ao Muíño de Canelas. Uns 15 metros augas arriba, na marxe dereita, existía un muíño coñecido como Muíño Vello de Canelas.

Segundo documentos, este muíño foi construído a finais do s.XVII e está inventariado no Catastro do Marqués da Ensenada do ano 1753 co nome de “Muíño da Pesqueira”, propiedade de Roque de Lema do lugar de Canelas. A súa base foi socavada polas raíces dun carballo sendo derribado por unha enchenta a mediados do s.XX.

Pte actual de Canelas -Dumbria Ponte actual de Canelas

Juan Grille Fernández, máis coñecido como “O Ferreiro do Logoso” e gran aficionado a facer pontellas, foi nomeado alcalde o 24-06-1931. Os veciños de Canelas, apoiados polo concelleiro Evaristo Quintáns Trillo da Filgueira (cargos que exercían sin prestación económica), presentaron un escrito no concello o 1-04-1933 pedindo a construción dunha pontella. No pleno do 13-05-1933 aprobaron sacar a concurso a construción da ponte. Neste concurso participaron dous canteiros: Manuel Castro do Ézaro, por 975 pts., e Juan Rodríguez de Ameixenda, por 753 pts.

A obra foi adxudicada ao canteiro de Ameixenda coa condición de que tiña que comezar os traballos de inmediato. O 16-12-1933 o concello recibe un escrito dos veciños queixándose de que as obras non comezaran. O 23-12-1933 o concello é informado de que Juan Rodríguez morrera.

A partir de aquí só se sabe que esta ponte foi feita nestas datas por administración pero descoñezo de onde saíron os cartos. Coa Concentración Parcelaria, sobre o ano 1967 esta pontella foi sustituída por outra de formigón, levantando a súa cota uns dous metros de alto desaparecendo a profunda corredoira que a comunicaba.

Ponte de Canelas-Dumbria  
  • Modesto García Quintáns.
 

O Patrimonio Modesto

Novas relacionadas

s

Fonte

Comentarios