Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Dolmen da Pedra da Arca

O Modesto Patrimonio: O Dolmen da Pedra da Arca

Seguimos percorrendo o noso patrimonio costeiro gracias ao bo de Modesto García Quintáns. Hoxe situámonos na mesma fronteira que separa a parroquia de Baíñas, Vimianzo, e a de Regoelle de Dumbría, onde nos recorda unha das antas máis singulares da nosa comarca. Unha parada que forma parte da Ruta das Antas da Costa da Morte, unha ruta que merece unha excursión.

O Dolmen da Pedra da Arca dolmen-pedra-da-arca-regoelle-dumbria-foto-modesto-garcia-quintans

O dolmen da Pedra da Arca, tamén coñecido como Dolmen de Regoelle, é o irmá pobre da comarca se o coparamos co seu irmán Dombate. Non tivo a sorte de encontrar un padriño rico que o puxera guapo dentro dun pazo para ser visitado polos turistas. Pero isto debería cambiar, porque ten a estatura e a elegancia para poder participar en calquera concurso de beleza.

taquimetrico-pedra-da-arca-metade-dumbria-metade-vimianzo O dolmen está situado unha metade no termo municipal de Dumbría e a outra no de Vimianzo

Reseñar que este monumento corresponde ao Marco nº 5 que separa o termo municipal de Dumbría co de Vimianzo identificado mediante unha cruz gravada sobre a tapa que o fai partícipe dos dous concellos.

Saben canto ten a superficie da tapa que o cubre? Averiguámolo hai uns anos cunha medición taquimétrica dando como resultado 11,63 m2. Con este dato podemos saber con bastante exactitude o seu peso. Se promediamos o grosor desta tapa nuns 0,23 m. con un granito de peso específico de 2.700 Kg/m3 saen 7,3 toneladas de peso.

Outra das preguntas que nos facemos é: De onde proceden esos pedrullos tan grandes que o forman? Teño oído que uns alemáns fixeron análises das rochas do entorno e encontraron unhas moi parecidas na parroquia de Brandoñas (Vimianzo), distante do dolmen uns catro quilómetros.

Neste mes de Novembro (ano 2016), as augas do embalse da Fevenza baixaron de cota pola sequía, deixando ao descuberto unha grande extensión de terreo pelado. Neste espazo seco podíanse contemplar restos de camiños, muros antigos, posibles restos arqueolóxicos, mesmo cerámica, así como un gran filón rochoso con dirección NO-SE., que dista do monumento uns dous quilómetros en liña recta. Serían arrancados deste filón e arrastrados ata o monumento? Por la erosión sufrida polas correntes en determinadas zonas afloran depósitos de arxila que indican que no subsolo existe una gran capa deste material.

Filon rocoso na Fervenza Filón rocoso na zona da Fervenza Capas arcillosas e furaos de cangarexos na zona da Pedra da Arca Capas arcillosas e furaos de cangarexos na zona da Pedra da Arca Ceramica en Pasos de Os Vaos Cerámica en Pasos de Os Vaos
  • Modesto García Quintáns.
 

Novas relacionadas

O Patrimonio Modesto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios