Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Lugar da Pelexa de Buxantes

O Modesto Patrimonio: O Lugar da Pelexa de Buxantes
Horreo antigo na Pelexa-Buxantes-Dumbria Horreo antigo na Pelexa-Buxantes-Dumbria Lugar da Pelexa americano. (Ano 1960) copia Imaxe aérea, botado polo exército norteamericano en 1960, do lugar da Pelexa Imos reseñar a pouca historia que sabemos deste caserío coñecido na actualidade como “Lugar da Pelexa” e castelanizado como Pelleja. Está situado xeograficamente case no centroide da parroquia de Buxantes coas coordenadas UTM (29ED50): X = 490930; Y = 4756940 e unha altitude de 355 m. sobre o nivel do mar. Salvo polo norte, está rodeado de montañas e metido como nunha especie de foxo onde nace o río de Brens. Sabemos, polo Catastro da Ensenada do ano 1761, que este lugar era coñecido como “O Picoto”, topónimo quizáis sacado dun pequeno alto situado a escasos metros ó leste da casa coñecido como “O Picotiño”. Aquí vivía un criado coñecido como Benito Pereira, de 24 anos, cunha filla menor. Traballaba para Salvador Méndez, viúvo de María Antonia de Sábade. Tiñan unha casa de pedra de 10 varas de longo por 6 de ancho dentro dun gran terreo circundado cun muro de pedra e pouco máis se sabe. Teño anotacións das conversas mantidas con persoas maiores, algunhas delas, q.e.d., que me contaron cousas deste lugar. Unha delas era que nun campo ó sur da casa celebrábase unha feira de gando que máis tarde marcharía para Senande. Alí aconteceu unha grande pelexa entre feirantes que se quixo recordar coa construción dun cruceiro sobre unha rocha. Esta liorta fixo que este lugar fora coñecido máis tarde como “Lugar da Pelexa”, olvidándose para sempre o verdadeiro topónimo. Lugar da Pelexa-Buxantes-Dumbria-1996 Lugar da Pelexa no ano 1996 Tamén sabemos que a finais do s.XIX, no período dos aforamentos, vivía Juan López Martínez, que era alcalde pedáneo e a súa familia debía proceder do lugar de Anseán, casa da Legüiña. Esta familia Lopez de Anseán debeu adquirir este lugar por compra e construíu unha nova casa con alpendre. Averiguamos, por documentos, que unha muller desta familia chamada Andrea López Martínez casou con Juan Trillo López para o lugar de Vilar, “Casa dos Trillos”, hoxendía coñecida como “Casa dos Modestos”. Morreo no Vilar ó 13-08-1905. Tamén sabemos que sobre o ano 1920 vivía neste lugar Manuela López, casada con Francisco Romero Trillo. Este matrimonio tivo tres fillos: María, Antonia e Manuel. María casou con Manuel Castro García e marchou herdar á casa duns tíos solteiros, un deles padriño, que vivían no Lugar das Covas, coñecidos como “Casa dos Reis”, hoxe día “Casa dos Tranchos. Antonia casouse para San Crimenzo, “Casa do Macho” e Manuel estaba destinado a quedarse na propia casa. Tiña de moza a María dos Modestos, neta de Andrea e Juan, embarazada. Por problemas familiares, o matrimonio da casa dos Tranchos retornou de novo para a Pelexa e Manuel deixou á moza e casou con unha rapaza do lugar de Miñons, “Casa do Louro”, hoxendía coñecida como “Casa de Romero”. Tamén se sabe que deste lugar saíu Ventura López, fillo de solteira, que foi para a “Casa de Ignacio” da Casanova. No ano 1930, neste lugar aconteceu unha penosa morte por un raio. María, filla de Francisco e Manuela, amamantaba a súa filla Josefina Castro Romero na cama de ferro e un raio a fulminou salvándose a filla so con secuelas nun ollo. Tamén recentemente ó sur da “Casa da Pelexa” construíron un hórreo de cantería xunto ao cruceiro, quedando o oco na rocha baixo do patín. Este foi trasladado o lateral da portela do corral sen vara e máis tarde esnaquizado por un golpe dun tractor. Cruceiro da Pelexa Buxantes-Dumbria Cruceiro da Pelexa, Buxantes

Olla outros artigos do Modesto Patrimonio

Comentarios