Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Museo de Asunción Antelo espera cas portas pechadas a chamada das administracións

O Museo de Asunción Antelo espera cas portas pechadas a chamada das administracións
Unha peza do Museo de Asuncion Antelo Unha das peza do pechado Museo de Asuncion Antelo Xa van case 4 meses dende o pasamento de Asunción Antelo, a Rexobeira de Bergantiños. Un tempo prudencial para deixar o luto e comezar a traballar pola conservación do tesouro patrimonial que nos deixou esta artista singular. Boa parte dese tesouro fica a día de hoxe tralas portas pechadas da súa casa, do Museo que leva o seu nome. Polo de pronto, parece que nin Concello nin Deputación moveron ficha para manter vivo o seu legado. Parece que pode ser un bo momento para comezar a mover fíos. Foi Isabel Porteiro Rey, unha veciña, a culpable que as portas do Museo estivesen abertas durante estes últimos 5 anos. Foi Isabel Rey Porteiro a responsable de coidar, día a día, á brava rexoubeira, erguéndoa, sacándoa de paseo, dándolle de comer, e facendo de guía nas visitas de escolares, trasnos, visitantes… Agora coida do irmán da falecida, José, pero non abre as portas do museo pois tralo pasamento da protagonista é un tema que debe decidir a familia. Unha familia que está obrigada a entenderse con esta muller, co Concello e coa Deputación, entidade que parece estar apostando por esta clase de xoias patrimoniais como os Batáns do Mosquetín ou as Torres do Allo. Isabel Rey Porteiro coido de Asuncion Antelo e abriu o Museo durante 5 anos Isabel Rey Porteiro coido de Asunción Antelo e abriu o Museo durante 5 anos

Sinalización

Museo Asuncion sinal

30 anos estivo Coristanco solicitando unha boa sinalización do Museo, e os sinais chegaron apenas un mes antes do seu falecemento. Así, hoxe hai varios sinais nas estradas da zona que indican cara un espazo pechado. Os sinais quedaron pedidos a través dunhas axudas turísticas da Deputación cando Laura Mariño estaba na Concellería, pero facían falta permisos da Xunta. A día de hoxe unhas están instaladas e outras agardan no almacén, mentres as portas do museo seguen pechadas.

Esperando por un acordo

O único camiño é que algunha destas entidades chegue a un acordo ca familia. O propio alcalde Amancio Lavandeira recoñece que polo de ahora non houbo movementos, pero que “dende o Concello intentaremos en breve periodo de tempo poder chegar un tipo de acordo coa familia, para que polo menos haia un horario semanal de visita, e para visitas guiadas e escolares, e no que poidamos facer o mantemento e coidado do museo. Esa é un pouco a intención pola nosa parte, pero os donos teñen que dar algunha palabra, é unha decisión da familia, unha decisión privada. Nós non podemos máis que intentar chegar a un acordo con eles”. Nese sentido, Lavandeira entende que “xa pasou un tempo prudencial” e pode ser bo momento para comezar as negociacións, e agradece que haia algo de ruído para que se movan os primeiros fíos. ”Vexo posibilidades de chegar a un acordo, claro, o contrario sería unha pena, é unha referencia cultural en Coristanco e en todo Bergantiños. Esperamos poder potencialo para que non quede aí en desuso”. Lavandeira recoñece tamén que polo de agora non falou do Museo concretamente coa Deputación, se ben si que hai un libro pendente de publicar realizado por Cristina Abelleira. Foi unha verdadeira mágoa que Asunción non o puidese ver en vida, dende logo, a pesar de que a solicitude de impresión se realizou aló por xaneiro de 2016.  

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios