Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Obradoiro Prototurismo puxo en práctica a teoría cunha viaxe de promoción do Camiño a Italia

O Obradoiro Prototurismo puxo en práctica a teoría cunha viaxe de promoción do Camiño a Italia
Obradoiro Prototurismo en Italia De reunións e promocións os alumn@s-traballadores do Obradoiro Prototurismo por Italia Alá foron, a Italia a practicar o aprendido durante estes meses do Obradoiro de Emprego Protursismo2017. Que mellor maneira de aprender que facendo. I é que este Obradoiro está sendo unha iniciativa pioneira a nivel Galicia dentro dentro dos programas mixtos de formación e emprego. Os alumn@s-traballadores desta proposta formativa-laboral, promovido polos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, estiveron de viaxe de traballo durante 4 días, promocionando a prolongación do Camiño de Santiago-Fisterra-Muxía. Percorreron as axencias de viaxes en Bolonia e Venecia, facilitando o material turístico cedido pola Axencia Galega de Turismo e o elaborado polo Obradoirs; e realizaron dúas presentacións en institutos técnicos vinculados ao sector turístico. Durante as presentacións tamén se proxectaron diversas pezas audiovisuais nas que os alumnos venecianos puideron ver parte dos recursos turísticos dos concellos representados polo Obradoiro. O xoves 7 o alumnado trasladouse a Castelfranco, vila profundamente vinculada á peregrinación, onde se reuniu co presidente da asociación Amigos do Camiño, Paolo Spolaore, cuxo obxectivo é restaurar unha das antigas rutas de peregrinación de Venecia a Santiago de Compostela. Spolaore recibiu ao alumnado no centro de acollida de peregrinos e mostrouse moi interesado polo estado e a situación do noso Camiño, especialmente polos aloxamentos e servizos que o peregrino pode atopar ao seu paso, quedando moi agradecido pola información facilitada ao ser de gran utilidade para os numerosos peregrinos que recollen no seu centro a credencial. Para rematar a viaxe tocou unha reunión coa responsable de Turismo da cidade de Venecia, Paola Mar, e o asesor de Cultura, Giovanni Giuso. Despois de escoitar as dificultades que se atopa nunha cidade tan masificada como Venezia, Ada González, técnico de turismo do Concello de Dumbría, presentoulle as características do Camiño de Santiago a Fisterra Muxía. Ademais, Mar coincidiu coa directora do Obradoiro, Anabel Piñeior, na importancia de contar coa xuventude de cara a futuros proxectos turísticos pola súa visión fresca e innovadora destacando que eles son o futuro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-obradoiro-de-emprego-prototurismo2017-pon-en-practica-o-aprendido-cunha-viaxe-a-italia/ https://quepasanacosta.gal/hai-vida-na-casa-do-pozo/ https://quepasanacosta.gal/santa-comba-ten-novo-punto-de-informacion-turistica-da-man-do-obradoiro-de-emprego/

Comentarios