Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera

O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera
O Dolmen de Pedra Coberta forma parte do teorico Parque do Megalitismo Costa da Morte -Foto-Aritz Saez

A posta en perigo da mámoa Arquiña de Vilaseco por unha irresponsable reforestación, pon de manifesto o abandono no que se atopan as nosas xoias megalíticas. E iso que falamos, segundo voces expertas, da zona con maior riqueza patrimonial en materia megalítica de Galicia.

Parece que para as administracións, a palabra retraso está moi unida á Costa da Morte, e exemplos de feridas aínda moi abertas como a autovía ou a Casa da Cultura de Cee demostran o seu desleixo.

Leva a Costa da Morte esperando o Parque do Megalitismo dende o 2001. Xa en 2005, cando en teoría debería ser unha realidade, a Xunta déranos unha labazada cun retraso de 7 anos, todo unido aos 20 anos que pasou con boina o meirande tesouro, o Dolmen de Dombate.

Seguríronse dando pasos, pero moi paseniñamente. No 2008 a Xunta declaraba Bens de Interese Cultural os 14 megalitos que supostamente ían formar parte do Parque. Ese mesmo aprobouse a Declaración de Impacto Ambiental pero non foi ata 2011 cando se aprobaba un orzamento de 4 millóns de euros para arrincar as obras en 2012 e rematalas en 2016. Onde foron ese 4 millóns?

Mentres, poderemos seguir facendo a pequena Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte, pero esperemos que as Pedra da Arca ou Casa dos Mouros (Baíñas, Vimianzo); Pedra Moura de Monte Carneo (Treos, Vimianzo); Pedra Cuberta (Treos, Vimianzo); Mina de Recesinde (Carantoña, Vimianzo); Arquiña de Vilaseco (Castrelo, Vimianzo); Casota de Berdoias (Berdoias, Vimianzo); Rabós (Necrópole de Chan do Cabral) (Baíñas, Vimianzo); Arca da Piosa (Muíño, Zas); Pedra Vixía (Lamas, Zas); Fornela dos Mouros (Nande, Laxe); A Mina da Parxubeira (Eirón, Mazaricos); Pedra da Arca (Cerqueda, Malpica) e a Pedra Moura (Aldemunde, Carballo) non sufran máis.

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios