Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos

O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos

7 anos o contemplan e xa vai dando exhibicións de surf e de snow por todo o mundo. O pequeno Kevin López Álvarez participa no concurso de Quicksilver "Junior Sky and Snor Competition. Un certame que prentende descubrir ao pequecho máis artista sobre a táboa.

Trátase dun evento europeo aberto a todos os mozos e mozas entre 8 e 14 anos, que permitirá descubrir ao mellor freeskier e ao mellor snowboarder. E xa podemos votar ao pequeno Kevin no concurso "Junior Sky and Snor Competition.

Sangue salgada

Venlle de familia a Kevin esto do amor ás taboas. O seu pai, Juan José Rodriguez Hierro, é o novo Presidente da Federación Galega de Surf, e coida o Campamento de sur fe Malpica SilfoSurCamp. Dende ben pequeno Kevin calzouse as táboas e non hai ola, nin copo de neve, que se lle resista.

Kevin foi seleccionado para participar no Quiksilver Radar, entre participantes de toda Europa. Tivo que acodir a Sierra Nevada para facer esta demonstracion en Snowboard.

Agora comeza a votación. Kevin xa leva máis de 1.000 votos, e se se clasifica entre os 18 máis votados, participará nunha viaxe a Tignes (Francia), onde pasará unha semana a adestrar con profesionais de Quiksilver e ao final da semana celébrase o X-Games, que é unha das competicións mais importantes de todo o planeta.

Ademais, aos seus 7 anos, Kevin é o mais novo de todos os participantes de Europa!

Aquí o vemos cando tiña tan só 4 aniños...

Vota por Kevin

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios