Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Pintar na Rúa de Malpica terá doble quenda

O Pintar na Rúa de Malpica terá doble quenda
O mural vai collendo forma

Moitos nos prestan estes proxectos que utilizan a arte para humanizar os nosos espazos urbanos. Dende o Rexenera Fest e o Derrubando muros con pintura, pasando polos seus herdeiros Muros do Nordés ou o pequeno (porque é para nen@s) “Pintar na rúa”.

Hoxe voltamos a Malpica para ver como pecharon esta nova edición da primeira quenda do obradoiro “Pintar na rúa”. Os nenos e nenas prepararon unha festa sorpresa para a súa monitora, a artista carballesa Emi de las Heras, que despois de ter participado noutras iniciativas coma Derrubando Muros con Pintura, este ano sumouse ao proxecto de recuperación de espazos urbanos degradados que vimos desenvolvendo nos últimos anos.

E finalmente si que haberá, dada a alta demanda, a segunda quenda. Será a partir deste xoves 16, un total de 18 nenos e nenas, repartidos en dous grupos, empezarán a encher de cor a parede do parque infantil da rúa Patria Galega.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/malpica-pon-en-marcha-a-quinta-edicion-do-pintar-na-rua/ https://quepasanacosta.gal/o-muros-do-nordes-transforman-as-ruas-de-muxia-nun-espazo-de-accion/ https://quepasanacosta.gal/carballo-segue-loitando-contra-o-feismo-na-cuarta-edicion-pioneiro-rexenera-fest/

Comentarios