Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Plan Único da Deputación reparte en 3 anos case 50 millóns de euros na bisbarra

O Plan Único da Deputación reparte en 3 anos case 50 millóns de euros na bisbarra
A CoruñaPleno28/09/2018Foto: Moncho Fuentes Pleno da Deputación do pasado venres As cifras do Plan Único da Deputación (a unión feita en 2017 dos antigos POS, PAS e PAI con varias liñas de subvención anuais)  son bastante claras. Case 50 millóns deixa a entidade provincial con este programa nos 18 concellos da Costa da Morte nas tres anualidades 2017, 2018 e 2019. Serán máis de 12 os millóns que caian o vindeiro 2019, con este Plan que permite aos Concellos ser máis autónomos para planificar con maior tempo e con maior independencia os seus investimentos máis necesarios, ademais de facilitar unha maior axilidade na tramitación

O pleno da Deputación da Coruña aprobaba o pasado venres o orzamento de, inicialmente 61,5 millóns, cos votos favorables de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e abstención do PP.

O orzamento irá medrando en función dos remanentes, se ben os 93 concellos da provincia teñen de prazo dende o 15 de outubro ata o 20 de decembro para solicitar á Deputación os proxectos que queren financiar con cargo ao POS+2019. Un dos valedores deste Plan no ente provincial é o deputado carballés, Xosé Regueira, responsable da área de Plans e Cooperación cos Concellos, que destacou durante o pleno que o programa “demostrou ser un instrumento útil” para que os concellos afronten as súas necesidades concretas e que “mellorou e simplificou as relacións entre os concellos e a Deputación”.  “Todos os alcaldes da provincia, de todas as cores políticas, transmítenos claramente a eficacia do Plan Único”, afirmou, que considerou que este sistema “debe ser o camiño” tamén para outras administracións públicas xa que ofrece total transparencia na asignación de fondos e permite total autonomía municipal para decidir en qué investir en cada concello.

PLAN ÚNICO 2019 na Costa da Morte

CONCELLO

Achega inicial

2019 

TOTAL

2017 - 2019

Cabana 614.734,57 2.365.526,75
Camariñas 496.431.47 1.796.785,22
Carballo 1.585.286,57 6.565.925,19
Carnota 429.141,14 1.786.636,08
Cee 511.983,92 2.098.664,41
Corcubión 195.054,88 737.272,66
Coristanco 1.023.521,00 3.428.463,23
Dumbría 568.127,53 2.363.141,91
Fisterra 333.418,32 1.349.803,37
Laxe 353.182,50 1.373.196,05
Malpica 517.227,35 2.026.153,34
Mazaricos 812.304,85 3.322.126,37
Muros 691.640,60 2.546.685,00
Muxía 699.458,83 2.781.486,69
Ponteceso 690.237,03 2.614.198,79
Santa Comba 1.026.951,21 4.273.465,18
Vimianzo 876.406,54 3.721.334,24
Zas 716.749,67 2.947.216,63
TOTAL  12.141.857,98 48.098.081,11
   

Comentarios