Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Plan Xogade trátase na Clínica Carballo

O Plan Xogade trátase na Clínica Carballo
Parece un hospital en pequeniño, en pleno centro carballés. I é que na Clínica Carballo fan de todo. Están estes días en pleno comezo da campaña do Plan Xogade, a través do cal milleiros de mozos e mozas deportistas (ata os 16 anos) poden coidar da súa saúde en centros concertados. E esperan que sexan moitos máis clubs os que se animen a facer o seu recoñecemento médico inicial e a tratar as doenzas xurdidas durante a campaña no centro carballés. Falamos con Antonio Ares, alma máter do proxecto que xa ten centros médicos na Coruña, O Burgo e Arteixo, e coa psicóloga Paula Álvarez, que nos contan un pouco máis do día a día desta clínica. A fisioterapeura Silvia Miguez e a psicologa Paula Alvarez con Antonio Ares na Clinica Carballo A fisioterapeuta Silvia Míguez e a psicologa Paula Alvárez con Antonio Ares na Clínica Carballo  
  • QPC: Contádenos entón, como funciona o Plan Xogade?
O Plan Xogade é unha inicitiva creada por a Xunta de Galicia para levar a cabo en todos os concellos galegos a promoción de actividades deportivas. A idade dos nenos que se poden inscribir no plan xogade son de 6 a 16 anos. No caso que tiveran algunha lesión deportiva tanto no entrenamento como no partido, pódense achegar a Clínica para ser valorados polo noso equipo. Sería necesario aportar documentación: ficha federativa, acta do partido, parte do accidente e declaración xurada. A documentación será tramitada online por parte dos equipos.  
  • QPC: Cantos traballadores sodes na clínica carballesa?
Somos 8 traballadores: 3 fisioterapeutas, 2 enfermeiras, 2 medicos e unha psicóloga.  
  • QPC: Facedes case que unha atención sanitaria integral, verdade?
Temos diferentes especialidades como son as mencionadas anteriormente (fisoterapia, medixina xeral, psicoloxía) e ademais, traumatoloxía, podoloxía, xinecoloxía, cirurxia vascular, dietética e nutrición, logopedia, oftalmoloxía, otorrino, pediatría, psiquiatría e uroloxía. Ademais, continuamos medrando e moi pronto afrontaremos tamén tratamientos psicolóxicos con realidade virtual para tratar temas de ansiedade relacionados coa acrofobia, o medo a voar en avión, a ansiedade social, o medo ás agullas, a ansiedada xeralizada, o medo aos animais, o medo a conducir, o TOC, o medo a falar en público, o medo ante os exames, a agorafobia, o medo á escutidade ou a claustrofobia.  
  • QPC: Supoñemos que hai un abano de pacentes moi variado.
Atendemos a todo tipo de clientes dende os que veñen para facer reconocimientos médicos de empresa ou deportivos, accidentes de traballo e deportivos, consultas privadas ou de asegurados para as diferentes especialidades. E si, son clientes de idades e situacións completamente diversas.  
  • QPC: Ademais, tendes cobertura para a maoría dos seguros, non?
Si, intentamos ter un servizo amplo e estamos en continua renovación cos seguros e mutuas: Adeslas, Mapfre, Sanitas, Aegon, Mutua Gallega, MC Mutual, Mutua Intercomarcal… son algunas das mutuas coas que colaboramos.  
  • QPC: E tamén facedes exames psicotécnicos? Para que, principalmente?
Facemos todo tipo de psicotécnicos, tanto expedición como renovación ou canxe. Os tipos de psicotécnicos que se fan son principalmente para renovar o carnet de conducir, pero tamen facemos para animais perigosos, armas, grúa, embarcación de recreo e seguridade privada. Non fai falta que fagan foto pois facémola nós sen ningún custo. Ademais tramitamos telemáticamente os permisos para renovar o carnet polo que a persona que queira renovalo só ten que acudir a clínica e xa sae con unha autorización temporal que lle permite conducir mentras non lle chega o seu domicilio a carnet novo.

Fonte

Comentarios