Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica

O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica
Pleno de Cee O ateigado pleno de Cee aprobou unha moción para apoiar aos traballadores de Ferroaltantica-Foto-Rafa Quintans

Celebrouse este pasado venres un pleno no Concello de Cee no que o tema principal foi a situación de Ferroatlántica. Un pleno ao que acodían ducias de traballadores da industria costeira, para esixir o compromiso dos seus políticos.

O tema clave era unha moción presentada polo Comité de Empres de Ferroatlántica en nome do pleno, que se aprobou por unanimidade, así como unha semellante do PSOE local para instar á Xunta a que adopte medidas legais para “o mantemento da condición da non segregación en Ferroatlántica das actividades de ferroaleacións e produción de enerxía eléctrica polas centrais hidroeléctricas”, unha situación grave, como recoñece a propia voceira do PSOE local Margarita Lamela. “A cousa é máis seria do que pensamos. Se hai segregación e posterior venda si que perigan os 400 postos de traballo a medio prazo. “Toca defender o noso”, explica Lamela.

A moción era aprobada por unanimidade no pleno, ante os aplausos dos traballadores. E precisamente o Comité de Empresa quixo manifestar "a súa satisfacción e agradecemento o respaldo unánime recibido polo pleno da corporación de Cee a moción presentada, instando a Xunta de Galicia a non autorizar a venda das centrais e polo tanto, a non segregación das actividades de enerxía e ferroaliaxes".
O Comité con estas mocións queren que se amose dun xeito claro" o desacordo a pretensión da empresa, pois a única garantía de futuro para as fábricas de Cee e Dumbría e os empregos é manter vinculadas e dentro do mesmo grupo as actividades de ferroaliaxes e de produción de enerxía e porén a intervención inmediata da Xunta de Galicia e do seu Presidente porque é o único que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa".

O Comité quere manifestar tamén o malestar "pola repentina visita que o presidente da empresa vai a realizar os Concello de Dumbría e Cee, segundo anunciaron os seus Alcaldes, xa que é paradóxico que o comité tivese que concentrarse para solicitar que o Presidente se desprazase a Cee para recibilos, petición a que nunca accedeu facendo desprazarse a 13 membros do comité, para que catro días despois da reunión en Madrid veña a comarca a entrevistarse cos Alcalde".

Traballadores de Ferroatlantica no Pleno de Cee-Foto-Rafa Quintans Traballadores de Ferroatlantica no Pleno de Cee-Foto-Rafa Quintans

Asina online

Xa hai en marcha unha petición en change.org para pedirlle a Feijoo que non permita a segregación da produción industrial da produción hidroeléctrica. En menos de 24 horas xa leva 1000 sionaturas. Ti tamén tes que asinar:

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios