Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP de Camariñas sospeita unha nova prórroga dos orzamentos do Concellos

O PP de Camariñas sospeita unha nova prórroga dos orzamentos do Concellos

O Partido Popular desmárcase hoxe das últimas polémicas surxidas na vila do encaixe e fai unha crítica á situación económica do Concello. O PP camariñán quere denunciar "a situación de parálise pola que está atravesando o Concello de Camariñas, unha situación que atribúen ao feito de que o alcalde teña intención de prorrogar, un ano máis, os orzamentos que se aprobaron en 2010".

Tras unha pregunta formulada acerca desta cuestión no pleno polo portavoz popular, Daniel Rego González, "o rexedor camariñán asegurou que está esperando a que o Estado aprobe os seus orzamentos para decidir que facer cos de Camariñas."
Esta resposta "tan vaga" fixo aos populares sospeitar que as intencións do Executivo local son "prorrogar de novo os orzamentos, os cales non só están completamente obsoletos, senón que ademais están provocando o estancamento do municipio", denuncia Rego.

Aproveita o PP para criticar as 4 dedicacións exclusivas no Concello, unha cifra que, a xuízo do popular, "é completamente desatinada para un Concello que apenas excede os 6.000 habitantes", pois falamos de "máis de 160.000 euros anuais para as arcas municipais".

Todo isto repercute na "situación total de quebra, cunha débeda de máis de 4 millóns de euros", segundo denuncia o PP. Polo que esixen que o alcalde "asuma as súas responsabilidades e elabore uns orzamentos acordes á realidade, nos que se contemplen os ingresos e gastos actuais, para que Camariñas poida afrontar proxectos de futuro", conclúe Daniel Rego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Camariñas.

Comentarios