Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP de Corcubión traslada a responsabilidade da praia artificial ao goberno central

O PP de Corcubión traslada a responsabilidade da praia artificial ao goberno central

Segue sendo o proxecto da "praia artificial" de Corcubión causa de enfrontamentos políticos. E se a semana pasada o Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión solicitaba o pronunciamento firme do PP, hoxe Gema Freira, voceira do PP local, fai varios apuntamentos. Freire lembra que "o PP de Corcubión xa se pronunciou en dúas ocasións, en dous plenos diferentes (ano 2008 e ano 2012), sobre este tema, poñendo de manifesto que non estamos a favor desa praia".

Pero a voceira non conseguíu unha resposta das altas instancias e puntualiza que "este é un proxecto que non está en mans do PP local, senón do Goberno central". Así e todo, lembra que "nesta época de crise, o máis aconsellable non é que se malgaste o diñeiro de todos os españois tirando caolín nun lugar con gran riqueza para o marisqueo", subliña a popular.

Unha manifestacións que deixan ao Colectivo como estaba, unha vez que solicitaba un posicionamento explícito do PP provincial, autonómico e estatal.

Unha de "romances"

Entrementres a política corcubionesa colle tintes cada día máis "rosas" dende que esta semana o BNG de Corcubión acusara ao PP de ser cómplice do alcalde. Gema Freire responde ao BNG que "os únicos que teñen un "romance" co Executivo local son eles", aos que califica de "desnortados".

Gema explica a razón pola que os populares se abstiveron ao referendo sobre a ubicación do cemiterio é "a falta de congruencia dunha proposta que sentaría un precedente ineficaz de face ao futuro". "Este referendo sentaría o precedente de que todas as grandes obras do pobo, a partir de agora terían que realizarse por consulta popular, o cal retardaría enormemente cada unha das actuacións", explica Freire.

Sobre a sesión plenaria dos orzamentos na que foron aprobados trala expulsión da edil do PP, o BNG criticaba que a postura de Freire fora pensada. A concelleira popular deixa caer que "no pleno dos orzamentos do 2012, expulsados os edís do PP, o BNG aproveitou a circunstancia para votar en contra, pero quen nos di se estando o PP no pleno o BNG non se abstería, outra vez, na votación".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios