Venres. 19.04.2024
El tiempo

O problema de pediatría de Cee chegará ao Pleno

O problema de pediatría de Cee chegará ao Pleno
Centro de Salud de Cee-Foto_Marcos Rodriguez

Descubríamos a semana pasada as numerosas queixas entre os pais e nais da zona de Cee e Corcubión pola falta dun servizo de pediatría eficiente. Hoxe, o grupo político do BNG, toma o relevo e asegura que "reclamará á Xunta unha solución definitiva aos problemas co pediatra" na zona.

Así, o grupo da oposición afirma que "vai presentar diante do pleno unha moción para tratar de acadar o apoio dos demais grupos políticos, na que se inste a Xunta de Galicia, e por ende a Consellería de Sanidade, a solucionar os problemas de atención pediátrica non noso concello".

Sinalan que "a plaza de pediatra no concello de Cee, que ademais, cubre os nenos e nenas de Corcubión, debe ser cuberta de forma definitiva e estable, e no menor tempo posible, por persoal cualificado en Pediatría, xa que a saúde dos nenos e nenas non poden estar en mans de persoal non especializado, como ven sendo habitual nos últimos anos".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios