O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación
19:24 04/11/10
Ten que ter claro a Costa da Morte que o futuro está na especialización. Saber cales son os seus puntos fortes, melloralos e promocionalos coma un tesouro. Polo Anllóns téñeno claro, e da man da guerrilleira Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Río Anllóns, seguen loitando polo seu. E que é o seu? o Berberecho.
A pasada semana remataba o curso de cociña de berberechos impulsado polo GAC. Toda unha aposta no que tamén participou a entidade Meigalicia, que propón que os hostaleiros da zona poidan sacarlle rendemento total a este produto da terra. Unha clara aposta pola diferenciación para sacarlle valor engadido aos nosos produtos.