Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O proxecto Costavales, os bitcoins de Santa Comba, contará cunha APP

O proxecto Costavales, os bitcoins de Santa Comba, contará cunha APP
Así é o billete físico de 5 Costavales Así é o billete físico de 5 Costavales

Unha APP terá en breve o proxecto Costavales. Ese proxecto no que participa o Concello de Santa Comba e que xa están a funcionar en soporte papel, cunha moeda paralela que se pode utilizar no comercio local, pegará así un impulso e chegará moitos máis usuarios. Un proxecto creado en 2015 polos empresarios de Santa Comba, cun sistema que será semellante ao do uso do whastapp, que segue medrando

Así o anuncia a Asociación Costavales que presentou no AGADER, a través do GDR 19 Terras de Compostela, o proxecto denominado: “Dinamización e impulso da economía local a través da aplicación móbil para o uso dos Costavales”, ao abeiro da Medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da convocatoria 2017-2018. Submedida 19.2.

O GDR 19 Terras de Compostela adxudicou a puntuación máxima a este proxecto, e será cofinanciado polo Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) para poñer en marcha en Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Santa Comba, Teo, Boqueixón, Vedra e Santiago de Compostela (zonas rurais).

Os obxectivos do proxecto son favorecer e impulsar a economía local a través dunha ferramenta inesxistente no noso territorio, fomentar o consumo de produtos locais, favorecer a achega e o uso das novas tecnoloxías, favorecer o traballo en rede e o asociacionismo, a procura da mellora social dos colectivos máis desfavorecidos e ofrecer unha ferramenta aos Concellos para que as axudas de emerxencia social que se entreguen a colectivos desfavorecidos se redirixan ás empresas locais.

Fonte

  • Empresarios de Santa Comba.

Comentarios