Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSdG esixe á Xunta "transparencia e legalidade" no caso Ferroatlántica

O PSdG esixe á Xunta "transparencia e legalidade" no caso Ferroatlántica
Leiceaga co Comite de Empresa de Ferroatlantica Leiceaga e Loli Toja estiveron co Comité de Empresa de Ferroatlantica

”Este mércores imos ir á Comisión de Industria a esixir que se cumpla a legalidade e que non se poida levar a cabo a segregación. E imos esixir transparencia, que chamen xa aos alcaldes e ao Comité dunha ves para explicar o que sucede”, aseguraba esta mañá a deputada laxense do PSdG Loli Toja tras saír dunha reunión co Comité de Empresa de Ferroatlántica (que ademais preparaba a nova mobilización).

Toja acodía á Cee xunto co portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, que apuntou que “a Xunta non pode mirar para outro lado. Hai unha oferta formal e xa está na axenda pública, así que a Xunta non pode dicir que non sabe nada, e hai que dar explicacións á veciñanza sobre a situación real”.

Leiceaga asegura que o seu partido prioriza “o mantemento da actividade industrial nesta zona, esta é a fábrica desta zona, e ten que garantizarse a súa continuidade para garantir o emprego estable, e esa continuidade pasa porque as concesións sexan vinculadas”.

Leiceaga lembrou que “falamos dunha concesión de 75 anos que remata dentro de máis de 50 anos. Ademais, ten beneficios todos os anos.

 

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios