Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PSdG reclama que o goberno galego garanta as necesidades básicas no hospital de Cee

O PSdG reclama que o goberno galego garanta as necesidades básicas no hospital de Cee
Hospital-Virxe-da-Xunqueira-de-Cee O PSdG reclama máis medios materiais e humanos para o hospital Virxe da Xunqueira de Cee A deputada socialista da Costa da Morte - Loli Toja - reclamoulle onte ao conselleiro de Sanidade que demostre “humanidade e empatía” cos veciños e veciñas da Costa da Morte que teñen que acudir ao hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, en condicións “que atentan contra a dignidade das persoas”. Xa en días pasados, os socialistas denunciaron o "desmantelamento encuberto" que está a sufrir o hospital de Cee. Toja presentou unha pregunta oral no pleno do Parlamento na que reclamou “máis medios, tanto materiais como humanos” para acondicionar un inmoble que conta xa con 20 anos de antigüidade. Sinalou que as condicións nas que os pacientes son atendidos constitúe “outro exemplo claro da situación na que se atopa a Costa da Morte, unha comarca abandonada por un goberno sen alma que nos considera de segunda”. Necesidades urxentes A responsable socialista reclamou a ampliación a tempo completo do servizo de reanimación, a implantación do servizo de cardioloxía ou a ampliación de persoal na área de dixestivo. Urxiu ademais a renovación do material de quirófano desgastado polo uso, logo de que o PP se comprometera en campaña electoral a investir 160.000 euros para a renovación de quirófanos. Ademais, reclamou a ampliación do servizo de nefroloxía, onde os pacientes teñen que pasar catro horas tres días á semana facendo a diálise nun cuarto escuro sen espazo suficiente. Sinalou que “o lugar onde hai que cambiarse para a cirurxía ambulatoria é anano, e logo hai que agardar nun corredor vendo pasar xente”. Instou ao conselleiro a “poñerse no lugar das persoas e deixen de pensar neles coma en números, que teñen unha xornada de 11 horas entre tratamento e viaxe mentres agardan por un transplante”. Sinalou así que os investimentos que fixeron, un TAC ou un mamógrafo, non agochan as condicións precarias do servizo nun centro integrado a unha xerencia localizada a 100 quilómetros de distancia, no CHUAC, e que reduce as listas de espera “só porque se derivan a outros hospitais”.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios