Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE denuncia a redución de edificabilidade no rural de Ponteceso

O PSOE denuncia a redución de edificabilidade no rural de Ponteceso

Vén de denunciar o PSOE de Ponteceso que "o Plan Xeral aprobado cos únicos votos do PP de Ponteceso recorta de xeito radical a edificabilidade nos núcleos rurais". De feito, sinala que "descubríronse parcelas en Tella, que agora teñen saneamento, que baixan a súa edificabilidade ó ser declaradas de rural común no plan, pese a que antes eran xa de núcleo rural.

Así o denuncia tras comprobar que o plan anterior asignaba porcentaxes do 0.80 m2/m2 nas parcelas edificables de núcleos rurais con saneamento, e de 0,50 m2/m2 naquelas sen saneamento.
Pero destaca que no Plan de 2012 non hai esa distinción, e os solos rurais de tipo histórico levan como se ve no anexo un 0,30 m2/m2 de edificabilidade mentras os solos de núcleo rural común levan agora somentes un 0.20 m2/m2 de edificabilidade.

Así o denuncia hoxe, no pleno das 9:00h do luns, o PSOE, sinalando que "Fondo recortou solo rural e enriba reduciu a edificabilidade, co cal está destragando todo o valor urbanístico desas parcelas".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.

Comentarios