Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE pontecesán esixe o remate das obras da Avda. Eduardo Pondal

O PSOE pontecesán esixe o remate das obras da Avda. Eduardo Pondal

Dende o pasado mes de xullo as obras da Avda. Eduardo Pondal entorpecen a vida municipal. Así o denuncia o PSOE de Ponteceso, que esixe o remate das obras e denuncia a "situación de abandono que perxudica aos comercios da zona". Para o PSOE, a situación engade "crise sobre crise", sinalando que o pequeno comercio e os autónomos, estánse vendo prexudicados polos baches e a falta de pasos de cebra. De feito, o PSOE asegura que xa ten constancia de "denuncias no Cuartel polos danos causados a algún vehículo polos baches e grietas na avenida".

Critican así mesmo que o alcalde dixera no Pleno que "cada vez van pasar menos coches pola recta de Ponteceso ó facer á autovía por Baio", pero sen darlle importancia á valoración.

Así, no pleno do vindeiro 30 de xaneiro farán patentes as súas queixas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.

Comentarios