Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PXOM de Carballo podería aprobarse defintivamente antes de final de ano

O PXOM de Carballo podería aprobarse defintivamente antes de final de ano
Ultima comision de urbanismo da semana pasada en Carballo para o PXOME Última comisión de urbanismo da semana pasada en Carballo para o PXOME

Tivo lugar este pasado venres unha comisión informativa de urbanismo na que o grupo de goberno deu conta dos pasos dados polos técnicos para cumprir as diferentes esixencias da Xunta. Os edís do BNG apoiaron o novo documento ante a abstención de todos os grupos da oposición

Agora tócalle decidir ao pleno, que abordará a aprobación provisional do PXOM nunha sesión extraordinaria o mércores 18 de novembro.

Se o pleno dá o si, será a Xunta a que dea a última palabra, unha vez que o Concello asegura ter cumplido todos os requisitos concretos como o equipamento en Oza ou a zona da rúa Esquío da capital municipal.

O alcalde, Evencio Ferrero considera que "o Concello afronta nestes momentos o proceso ultimísimo para a aprobación do PXOM", que a estas alturas está "o suficientemente matizado como para ser aprobado definitivamente neste exercicio de 2015". Un PXOM tremendamente necesario para calquera concello de Galicia, para deixar atrás de forma definitiva as normas subsidiarias dos anos 80 vixentes neste momento.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios