Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O rei do marisco xa ten a súa festa preparada

O rei do marisco xa ten a súa festa preparada
Festa do Percebe do Roncudo 2012

Veremos se son de novo outros 1.000 quilos os que se zampan, como o ano pasado. Pero a vila de Corme xa prepara a sua festa fetiche: A XX Festa do Percebe do Roncudo. A cita, o sábado 7 de xullo durante todo o día.

Esta será ademais unha edición especial, por eses 20 anos de festa gastronómica. 20 anos que fan deste produto, o Rei do marisco de Galicia, como ben sinala o cartel.

Quen fai posible a festa

Como nos informan dende a AVV Eduardo Pondal de Corme, a directiva da Asociación para a Promoción do Percebe do Roncudo, está composta polas seguintes persoas: Javier Álvarez, Paula Pombo, Nuria Rodríguez, Wenceslao Mosqueira, Juan Gómez, Rosa Rodríguez, Joaquín Pose, Inosencio Mosqueira e Adán Manuel Costa. Ademáis cóntase coa colaboración do Concello, que participa nas xuntanzas organizativas, e unha ampla colaboración de persoas do sector do marisqueo, que a título persoal traballarán na organización. Estamos traballando a reo para conseguir que todo saia ben o día 7 de xullo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios