Martes. 23.04.2024
El tiempo

O San Lorenzo quita a roupa

O San Lorenzo quita a roupa
Cando aínda están no aire os resultados desta fin de semana da Inmaculada, damos conta da última novidade social en torno ao fútbol da Costa. E unha iniciativa que vai dar que falar... O San Lorenzo saca a roupa para recibir este 2011. O calendario máis vendido na comarca de Bergantiños xa saben cal será. Os xogadores do equipo de Verdillo, en Carballo, veñen de facer un calendario para o 2011 ao máis puro estilo azafatas de Air Comet. Sen roupa. Unha inciativa que de seguro revoluciona o fútbol da Costa e serve para abrir moitas mentes e liberar prexuizos. Dende o clube permitírnnos ollar esta foto algo borrosa, para que se queremos disfrutalo, que o merquemos.

Como facerse con un

O patrocinador é o Restaurante San Lorenzo, que fai posible que esta proposta sirva para sanear as arcas do clube carballés. Así, xa o poden mercar un dos 500 exemplares que saíronda imprenta por só 10€ en todos os establecimentos de Verdillo, ademais dos lugares carballeses A Bombonera, o Dublín, As Viandas, o Okei, ou na mesma praza de abastos na tenda de Queixos Verdillo. En breve teremos máis iniciativas coma esta. Disque por Camariñas andan artellando algo moi parecido... Daremos conta delo!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios