Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Semescom organiza a ruta turístico-literaria Costa do Solpor

O Semescom organiza a ruta turístico-literaria Costa do Solpor
asdf A ruta estará guiada polo porpio autor da novela, Xosé Mª Lema O vindeiro sábado, 17 de outubro, o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), en colaboración coa asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), organiza a primeira excursión en autobús da ruta Costa do Solpor. Trátase dunha ruta turístico-literaria de un día que percorre os escenarios naturais da novela Costa do Solpor (finalista Premio Xerais 2011 e Premio da Crítica Galicia 2014 de Creación Literaria) de Xosé Mª Lema, na súa maior parte de grande interese paisaxístico, tal como se describen na sección "O Territorio do/a Escritor/a" da web da AELG. Na excursión identificaránse a maior parte dos lugares do mapa que aperece na páxina 636 da novela Costa do Solpor Na excursión identificaránse a maior parte dos lugares do mapa que aperece na páxina 636 da novela Costa do Solpor A excursión permitirá identificar a maior parte dos lugares do mapa da páxina 636 da novela: o pazo de Boallo; a casa do Camiño; no litoral fisterrán, a visión dos “espidos peitos da muller enfesta” e da “montaña Vermella”, o porto de Fisterra e a fortaleza de San Carlos; a casa natal do Crego Sabio; litoral muxián: praia da Arnela, monte Cachelmo e a furna da Buserana; Vilasumisa, a vila maldita; litoral camariñán: cabo Vilán, a “Area Escorredía”, o Penal do Veo e a Serra das Penas Rubias; Valverde; os Coídos Xemelgos; os valados litorais, entre outros moitos lugares da zona. O percorrido será na súa maior parte en autobús, con algúns tramos a pé (2,2 km en total na área da punta da Buitra e un total de 1,5 km na área praia do Trece-Santa Mariña). Polo que dende a organización aconsellan levar calzado axeitado. costa-solpor O guieiro será o propio autor da novela, e contaremos coa colaboración especial do poeta fisterrán Alexandre Nerium, que recitará algunhas poesías súas que inspiraron algúns momentos importantes da obra. A ruta completa atópase no web da AELG, polo que os participantes poden levala impresa ainda que oo seu contido está pensado para varios días e non só para un, e que nela hai tramos longos que só se poden percorrer a pé. A saída será ás 1o horas de Vimianzo. Tras un percorrido matinal, os participantes xantarán ás 14:30 horas no restaurante O Pinar dos Muíños, en Muxía. O regreso a Vimianzo está previsto que sexa sobre as oito da tarde. Os interesados poden solicitar máis información e anotarse en [email protected]. O prezo da ruta é de 25€ por persoa e están incluídos o transporte en autocar e o xantar. Seguirase a orde de inscrición e se houber máis solicitudes de inscrición que prazas disponibles, daráselles prioridade aos socios/as.    

Comentarios