Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O surf volve, con retraso, á praia de Soesto

O surf volve, con retraso, á praia de Soesto
O Circuito galego de surf volve á praia de  Soesto

Tiña que ser esta fin de semana pero finalmente o Campionato Galego Individual e por Equipos de Soesto 2012 queda para os dias 29 e 30 de Setembro. Non pasa nada, e a praia laxense espera esta cita importante do circuito da Federación Galega de Surf, que tivo que ser aprazada por "problemas de intendencia".

Haberá surf, bodyboard, longboard e paddleboard, para convertir, unha vez máis, á praia de Soesto no epicentro do surf de todo o país.

Os inscritos xa anotados seguirán anotados ata a data do evento, non será preciso que volvan tramitar a sua inscripción. O prazo seguirá aberto pero recorden que o limite de inscritos fixase en 32 inscritos por categoría.
Para calquera información que precisen poden poñerse en contacto mediante email en [email protected].

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios