Venres. 29.03.2024
El tiempo

O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015

O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015
Voceiros do PP de Bergantinos

A pesar de que a oposición critica a falta de investimento público recollida nos Orzamentos do Parlamento Galego 2015 para a Costa da Morte, o PP de Bergantiños realizaba onte unha rolda de prensa na que defendía que “os orzamentos da Xunta para a comarca de Bergantiños e da Costa da Morte son importantes, realistas e adecuados”. Non aportou cifras o deputado autonómico, Aurelio Núñez, nin o portavoz dos populares en Carballo, Miguel Ferreiro, que falaron, sen embargo do suspoto “inicio da recuperación económica”, pois “son os primeiros orzamentos que crecen desde o ano 2009”.

O PP reafirmou o compromsio de rematar o tramo norte da Autovía na presente lexislatura, así como desenvolver a obra do dragado do porto de Laxe, as únicas obras de importancia incluídas nos Orzamentos. Dúas obras, con anos de retraso.

Outras obras menores de Bergantiños incluídas nos Orzamentos son os 2.618.000 da EDAR de Malpica, 1.633.000 que se investirán na construción dun centro de saúde en Buño.

Novas relacionadas

Fonte

  • PP de Bergantiños.

Comentarios