Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana

O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana
Obras na antiga Casa do Concello republicana de Cabana Obras na antiga Casa do Concello republicana de Cabana En breve desataremos a bomba informativa cos testimonios vivos que relatan a verdadeira historia deste patrimonio historico cabanés agora en mans privadas. Que un patrimonio histórico sexa agora legalmente privado ante a falta de alegacións nese mes de prazo en exposición pública da famosa licencia, ademáis da misteriosa ausencia de documentos que acrediten a procedencia exacta dos donos dese antigo concello, non ten nada que ver cos testimonios dos republicanos cabaneses que rumorean (con ou sen razón) que ese concello republicano foi mercado no seu momento por veciños e veciñas que puxeron diñeiro dos seus petos (nunha caixa común) para acabar na tumba sen ver restaurada a memoria historia e o patrimonio republicano cabanés. Quen din a verdade? Todo se acaba sabendo…. tarde ou cedo. Nunha guerra, coma sempre, perdemos todos e todas. Máis para poder recompoñer un futuro común digno e pacífico a historia do noso pasado debe ter en conta as partes todas dun conflicto que mediante a comunicación veraz debe posicionarse, como non, de parte de todas as partes. Que sexan ambas versión editadas no papel… ou na internet, polo menos, as que expoñar os seus relatos do sucedido. De momento existen varias testemuñas que opinan sobre este concello privatizado e cada parte da unha explicación totalmente oposta unha e as outras todas. O actual propietario relata unha propiedade mercada e agora legal e os demáis veciños e veciñas falan doutra realidade moito máis fermosa. Poñerán na prensa oficialista as dúas versións e os demais testemuños ou editarán só a do bando máis rico? Que opinades?  
  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios