Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle

O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle
As ceenses eliminaron ao Santiago Futsal para estar nas semis da Copa Deputacion As ceenses eliminaron ao Santiago Futsal para estar nas semis da Copa Deputacion

Gran comezo de campaña deste FSF Vila de Cee. Se os mozos conseguían vencer a todo un Troula para caer ante un dos grandes do FS galego como o Parrulo, as mozas conseguían meterse nas semis da Copa Deputación. Aí esperaban nada menos que o Viaxes Amarelle, que conta cunha muxiá nas súas filas.

Nada puido facer o cadro ceense ante un equipo de superior categoría, pero a experiencia xa está botada, e o o cadro vermello segue medrando.

Copa Diputación - Semifinal

  • Resultado: FSF Vila de Cee - Viaxes Amarelle FSF (1-11).
  • FSF Vila de Cee: Vanesa, Alba, María, Tati, Goretti (cinco inicial), Adriana, Paula, Serena, Lucía.
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Lago, Patri, Dolo, María Gómez (cinco inicial), Mariña, Xiana, Marta, Martita, Sheila.
  • Goles: 0-1 Lago (min. 2); 0-2 Martita (min. 7); 0-3 Patri (min. 10); 0-4 Marta (min. 12); 0-5 Martita (min. 16); 0-6 Patri (min. 23); 0-7 Dolo (min. 24); 0-8 Lago (min. 24); 0-9 Lago (min. 29); 0-10 Lago (min. 29); 0-11 María Gómez (min. 30); 1-11 Mariña en propia porta (min. 36).

Pouco puido facer o cadro ceense ante o potencial do Amarelle, no que Patri foi titular e anotou dous goles. As coruñesas marcaban o ritmo e as ceenses trataban de aguantar como podían as embestidas.

As costeiras xa agardan o comezo da Liga Galega Feminina para o primeiro de outubro.

As herculinas xogarán a final da Copa Diputación, por segundo ano consecutivoo vindeiro mércores 21 de setembro ás 19:30 horas no Pabellón Municipal da Malata (Ferrol) ante o vencedor da semifinal que disputan este mércores o Comarcal A Fervenza FSF contra o Valdetires Ferrol FSF.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios