Venres. 29.03.2024
El tiempo

O ximnasio podería abrir antes de final de ano; a piscina queda para comezos de 2019

O ximnasio podería abrir antes de final de ano; a piscina queda para comezos de 2019
Piscina Cee-Foto-Rafa Quintans copia A empresa Viraxes xa está realizando numerosos traballos na Piscina de Cee-Foto-Rafa Quintáns

Continúa, mentres os políticos fican pendientes da denuncia de UC o proceso de reapertura da piscina municipal de Cee. Sempre, cos eternos retrasos e incumprimentos de prazos aos que xa estamos acostumados por moito que revisemos as hemerotecas. En abril contábannos que abriría en outubro, e en outubro que o faría antes de remate o ano.

En todo caso, parece que desta volta vai, e despois a reunión que mantiñan os responsables da xestión, a empresa Viraxes, co concello, parece que comezan a barallarse varias datas para a apertura. Pode que a mediados de decembro xa se poidan abrir as instalacións do ximnasio, deixando para primeiros de ano a apertura ao completo coa posta en marcha da piscina.

Nestes dias, xa está chegando o equipamento completo do ximnasio e pronto comezan as obras de reparación do teito e pintado do interior.

A historia do peche da piscina, dende abril de 2016

Comentarios