Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Zas celebrou un partido de festa do ascenso en San Andrés

O Zas celebrou un partido de festa do ascenso en San Andrés
Pasillo ao Zas O Belvís fíxolle ao pasillo ao ascendido Sporting Zas en San Andrés Zas Belvis do ascenso Partido de festa este sábado en San Andrés para un Sporting Zas xa ascendido cunha semana de marxe. O Belvís visitaba o campo zaense e recibía ao equipo con pasillo incluído, case como o que lle fixeron no recibimento no Concello a mesma noite sabatina. Os de Víctor Pazos competirán na 1ª Autonómica o ano que vén, con Dumbría, Outes e Fisterra.

Zas - Belvís (4-2)

  • Campo: San Andrés.
  • Zas: Bugy, Martín, Carlos (Adri, m.65), Brais, Diego F., Chapela, Cili (Álvaro, m.53), Adri, Isma e Rubio.
  • Goles: 1-0, m.4: Chapela; 1-1, m.16; 2-1, m.39: Dieguiño en xogada persoal; 2-2, m.51; 3-2, m.58: Chapela de gol olímpico; 4-2, m.87: Isma.
Zas Belvis do ascenso Un pasillo Partido de trámite en San Andrés, con pouca intensidade e moita deportividade. Comezaba o partido co gol tempraneiro de Chapela. Respondía o Belvís cun tanto e unha doble ocasión que tapou Bugy, pero Rubio retomaba os achegamentos do Zas. Co gol de Dieguiño chegábase ao descanso, cunha vantaxe xusta para o cadro local. Na segunda, maior dominio dun Zas que pechaba con vitoria unha temporada inmellorable, cun 2º posto da Liga da Costa, unha semifinal de Copa e un ascenso! O Zas recibido no Concello de Zas O Zas recibido no Concello de Zas O alcalde Lolo Muíño coa camisola do Sporting Zas O alcalde Lolo Muíño coa camisola do Sporting Zas

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios