Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Olimpia protagoniza unha fin de semana de intensa actividade actlética

Lucía Xiana e Miguel_CTO Galego
Lucía Xiana e Miguel no CTO Galego
O Olimpia protagoniza unha fin de semana de intensa actividade actlética

O pasado sábado 25 de maio tivo lugar en Vigo o Campionato Galego de Atletismo en pista nas categorías Sub16 e Sub18, e ata Vigo desprazáronse 4 atletas da A.D. Olimpia que tiveron unha magnífica actuación. Julia García acadou a 10ª posición na proba de 3000m; Lucía Suárez quedou 5ª en 100 m valados e Xiana Lago e Miguel Quintáns acadaron o campionato galego nas súas respectivas probas de peso (3kg) e 300m. Tanto Xiana Lago como Miguel Quintáns xa foron en febreiro campións galegos en pista cuberta e agora ratificaron a excepcional tempada que están a realizar co campionato galego ao aire libre.
A principio de xuño, Xiana e Miguel desprazaranse a Xixón para disputar o Campionato de España ao aire libre e poñer así un broche de ouro a esta tempada.

Carreira popular de Dumbría

Olimpia en Dumbria_2019 copia

Ese mesmo sábado pero pola tarde, celebrouse en Dumbría a carreira popular pertencente ao “Circuito de carreiras populares correndo pola Costa da Morte” na que a A.D. Olimpia participou con máis de medio cento de atletas e foi de largo o clube con maior participación, e estando moitos dos seus atletas representados nos podiums das respectivas categorías: Lucía Taboada, 3º Benxamín, Juan Castiñeira e Pablo Taboada 2º e 3º Alevín, Sabela Carreira 2ª Alevín, Sonia Canosa 3ª Infantil, Anxo Lago 2º Cadete, Julia García 3ª Cadete e Carlos Trillo 1º Xuvenil.

Fase Provincial Xogade

Para rematar un intenso fin de semana atlético, este domingo 26 de maio 7 atletas da asociación foron ata Ferrol para disputar a fase Provincial Escolar (XOGADE) de atletismo en pista en categoría Sub14, onde volveron a realizar unha moi boa actuación xa que tanto Alvaro Rodríguez, Daniel Fontaiña, Carla Rodríguez, Sonia Canosa, Xiana Castiñeira e Sabela Carreira disputaron as finais das súas respectivas probas, destacando a actuación de Sonia Canosa que se proclamou campiona provincial en 1000 metros obstáculos.

Novas relacionadas

Comentarios