Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ollo con a quen lle abrimos a porta

Ollo con a quen lle abrimos a porta
Un residente en Zas sufría nos últimos días un roubo relacionado con dúas mulleres que se fixeron pasar por comerciais dunha empresa de subministro eléctrico. Segundo informa a Garda Civil, o pasado día 30 de novembro, dúas mulleres duns 25 ou 30 anos, facéndose pasar por comerciais da empresa de suministración eléctrica FENOSA, acudían ao domicilio de M.C.L.A, de 76 anos de idade e veciño do lugar de Pudenza, no Concello de Zas e, mentres que unha delas conversaba coa víctima, a outra  accedía a unha das habitacións da vivienda para sustraer xoias por valor duns  3.000 euros e outros 2.000 euros mais en metálico. As citadas mulleres, unha delas de cabelo loiro e 1,70 de altura e a outra de 1,60  aproximadamente e pelo escuro, abandoaron o lugar nun Audi A3 de cor azul escuro segundo o testemuño da víctima. Así, a Garda Civil recomenda que "ante a dúbida ou sospeita neste tipo de casos, non se deixe a ninguen alleo acceder ao propio domicilio, non aboar cartos en metálico e poñer inmediatamente a visita en coñecemento das forzas de seguridade".    

Comentarios