Venres. 29.03.2024
El tiempo

Onde quedaron as axudas do Prestige?

Onde quedaron as axudas do Prestige?
No limbo quedaron milleiros de euros que chegaban para as axudas do Prestige, que ascenderon aos 60 millóns de euros. Pero como os maiores afectados si que recibiron as súas pensións por non poder traballar, as prostestas quedaron olvidadas. Entrementres preto de 30.000 familias as afectadas non recibiron as axudas prometidas. Pero hai xente no país que quere clarexar as cousas, mentres os milleiros de informes seguen apilándose no Xulgado de Corcubión. E xa hai denuncias e denunciados enriba da mesa. Un particular apoiado polo Xornal.com, veñen de presentar varias denuncias contra o Sr. Evaristo Lareo -Patrón Maior da Confraría de Caión, tamén denunciado por un caso urbanísitco en Caión- Rosa Quintana -Conselleira do Mar- e outros. De feito xa están abertas, por partida triple, sendas dilixencias, tanto pola Fiscalía do Alto Tribunal de Contas, de España en Madrid, pola Fiscalía da Provincia da Coruña e polo Penal. Segundo sinalan dende o sector, de destaparse todo este asunto, poderían haberá máis implicados que na operación Malaya, dende confrarías ata políticos. Hai de feito, enriba da mesa, documentos con facturas de entradas en diferentes contas bancarias por valor de 3 millons de euros. Cartos que entraron nesas contas pero que nunca "saíron.

O sector tamén protesta

"O sector do mar non pode calar a boca, e dende ASOAR queremosda a cara esixindo que se clarifique o asunto". Así de taxante ponse o Secretario da Asoar-Armega, Luis Rodríuez, que pide que "se clarifiquen as irregularidades no destino das axudas e aportacións económicas recibidas de empresas privadas, xente particular, administracións, etc, que ían dirixidas aos voluntarios que colaboraron nas labores de limpeza das costas e aos mariñeiros afectados pola marea negra". Vai máis alá a Asoar e pide que se recuperen eses cartos e que se reinvirtan no sector, en programas, actividades, seguridade, limpezas... Neda liña a entidade denuncia que "o acontecido enche de lixo a imaxe do sector pesqueiro galego, podendo ocorrer, no caso de que volvera a suceder unha catástrofe de esta magnitude nas nosas costas, a falta de solidariedade por parte das empresas, ONG e outras organizacións, ademais do voluntariado que no caso do Prestige foi de vital importancia para a recuperación dos hábitats costeiros, xa que grazas ao seu traballo retirando o chapapote das nosas praias e do noso litoral puidose recuperar moito antes o medio mariño e o seu potencial productivo, estándolle eternamente agradecidos pola importante labor desempeñada".

Protestas dende o BNG

O BNG larachés, ademais de enviar un comunicado criticando a actuación do goberno municipal do P.P. e da Confraría caionesa no caso do suposto "pelotazo urbanístico" na zona do antigo campo de fútbol, manifesta as súas dúbidas sobre a xestión de Evaristo Lareo ao frente da Confraría de Caión nas axudas trala catástrofe do Prestige. Denuncian ademais que "seguramente a Consellería do Mar tería que tomar cartas no asunto".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios