Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses

Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses
acusados-da-operacion-orquestra-de-cee Ramón Vigo e e Juan Bautista Areas Lestón “Candiño”, José Carlos Leis Caruncho, Daniel Ogando Ogando (pai), Daniel Ogando De la Sierra (fillo), e Jorge López

Dende febreiro de 2014 que non tiñamos novidades da Operación Orquestra, a trama contra a corrupción municipal máis importante dos últimos tempos. Hoxe coñecemos o auto 1001/2009 que facía oficial a xuíza María Purificación Prieto, de dilixencias previas para a posta en marcha do Xuízo que abre o Xulgado de Corcubión, na peza separada do Concello de Cee, supoñendo entón que nas vindeiras semanas ou meses irán caendo os autos dos outros concellos implicados, Mazaricos, Fisterra, Corcubión e Muxía.

Un auto que decreta a apertura de xuízo oral para Ramón Vigo, Jorge López, José Carlos Leis Caruncho, Daniel Ogando Ogando (pai), Daniel Ogando De la Sierra (fillo), e Juan Bautista Areas Lestón “Candiño”. Un auto que acorda o sobreseimento provisional e arquivo da causa aos funcionarios e outros responsables ceeses: Rocío Hermida Cancela, María Concepción Outes Trillo, Miguel Ángel Rodríguez López de la Llave, Pilar Iglesias e Gonzalos Castelo, por non quedar debidamente acreditada a sua participación criminal nos feitos.

Para todos os acusados, o Xulgado, que fai propias as peticións da Fiscalía, piden inhabilitación e penas de prisión. Segundo fontes xurídicas, o máis grave é o caso de Ramón Vigo, alcalde de Cee que volvía ser reelixido nas últimas eleccións municipais.

A Fiscalia considera probado que Vigo e Jorge López utilizaron facturas falsas para xustificar os fondos da subvencion polas festas de 2009 (300.000€); así como o “modus operandi” utilizado para lograr que as adxudicacions de obras por procedemento negociado sen publicidade dá Casa de Cultura foran a parar sempre a Ogando. Tamén consideran probado o suborno a Candiño para que intermediara na construción do campo de Fútbol, sinalando que a empresa implicada entregou 12000€ ao concelleiro. Igualmente a Fiscalía considera probada actuación de ocultación e manipulacuión de multas de tráfico, e o delito de recadación “en negro” dos cartos pola instalación de postos e barrfacas con motivos das Festas da Xunqueira.

Así no caso do alcalde ceense Fiscalia considera provados os delitos de Falsedade en documento publico, prevariacion, suborno pasivo e activo e infidelidade na custodia de documentos públicos. Piden pois para el ata 23 anos de prisión (se ben as causas non son acumulativas), máis de 138.000€ de multa, puidendo chegar a estar ademais ata 15 anos inhabilitado.

Para o empresario Jorge López, piden 2 anos e 9 meses de prisión e inhabilitacion especial para cargo publico, máis multa de 4.800.

Para Daniel Ogando Pai piden, en concepto de cooperador necesario, polo delito continuado de prevaricación, 6 anos de inhabilitación e, caso de prosperar o delito de falsidade en documento oficial, 2 anos e 9 meses de prisión. Polo delito de suborno activo, 6 anos de prisión e multa de 87.000? e por outro delito de suborno, 1 ano e 6 meses de prisión e multa de 24.000€.

Para Daniel Ogando fillo piden, por un delito de cohecho activo, pena de 6 anos de prisión, así como multa de 87.000?. Por outro delito de cohecho, pena de 1 ano e 6 meses de prisión e 24.000€ de multa.

Para Juan Bautista Areas “Candiño” piden, por un delito de suborno pasivo, 1 ano e 6 meses de carcere e inhabilitacion especial por 5 anos, mais 24.000€ de multa.

E para José Carlos Leis Caruncho piden, en concepto de cooperador necesario, por un delito de prevariación, 7 anos de inhabilitación especial, e, non caso de apreciarse ou delito continuado de falsedade en documento oficial, 4 anos de prisión e multa de 8.400€. O auto acúsao de ser el o que separaba os contratos.

Contra este auto so cabe recurso de reposición dos acusados.

 

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Fonte

Comentarios