Martes. 23.04.2024
El tiempo

Operación Somier: Detido o xerente dunha tenda de colchóns de Cee pola estafa de alomenos 28.000€

Última hora: O xerente da tenda foi ingresado en prisión sen fianza. 

Operación Somier: Detido o xerente dunha tenda de colchóns de Cee pola estafa de alomenos 28.000€

A Garda Civil de Carballo e de Corcubión, tiveron que traballar conxuntamente para deter ao xerente dunha tenda de colchóns de Cee por un suposto de lito de estafa, falsedade documental e usurpación de estado civil. Segundo informa a Garda Civil no marco da chamada "Operación Somier", o detido usaba datos dos seus clientes para realizar contratos no pactados.

Ofrecía financiamento para a compra dos seus produtos, e unha vez aportada a documentación e aceptadas as condicións por parte do cliente, tramitaba o préstamo por unha cantidade maior, ingresando o importe nunha conta ao seu nome.

O suposto autor das estafas chegou a usar os datos dunha das súas vítimas para sacar unha tarxeta de crédito ao seu nome coa que posteriormente realizou cargos de tpv e retirada de cartos en efectivo.

O importe do defraudado ascende a máis de 28.000€ e non descartan que haia máis perxudicados.

Comentarios