Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Orzamentos de Malpica, aprobados definitivamente, empregan o 85% en gasto corrente e de persoal

PLENO MALPICA
O pleno celebrouse no Centro Civico polos protocols covid
Os Orzamentos de Malpica, aprobados definitivamente, empregan o 85% en gasto corrente e de persoal

Estaban pendentes dende a aprobación provisional do pasado mes de xullo. E por fin, o pleno de Malpica aprobou definitivamente un orzamento de 4,8 millóns de euros para o exercicio 2020. Foi á terceira, pois ás contas de xullo presentárase unha alegación, e no pleno de setembro o PP conseguía non aprobalos ao faltaren dous edís do grupo de goberno.

Esta vez si foron aprobados cos votos de PSOE, BNG e o edil Alfredo Cañizo.

Entre os gastos, destaca a partida do cadro de persoal de 1,7 millóns (que representa un 35%) e de 2,4 millóns en gastos correntes (o 50%). Deste xeito, queda medio millón (un 10%) para inversións reais. Unha situación semellante a do resto de concellos da comarca, pero que dá conta de como son as estruturas municipais.

No capítulo de ingresos, destácanse os 1.407.734,28 euros para impostos directos; 16.653,02 euros para impostos indirectos; 933.972,00 euros para taxas, prezos públicos e outros ingresos; 2.186.273,82 euros para transferencias correntes; 275.883,32 euros para transferencias de capital e 20.000 euros para activos financeiros.

Axudas

O Concello anuncia ademais unha partida de 116.363,81 euros para axudas a autónomos e pequenas empresas do municipio, dentro do programa PEL Reactiva da Deputación Provincial da Coruña. Así, a administración local
aportará 23.272,76 euros, que en conxunción aos 93.091,05 euros fan un total de 116.363,81 euros.

Festivos 2021

Ademais, acordouse que os festivos locais para o ano 2021 serán o 8 de xaneiro, San Xulián, e o 27 de agosto, a Festa do Mar.

Entrega de Material

Entrega material de protección

Antes do pleno, o alcalde, Walter Pardo, e o concelleira de Benestar, Sergio García, acudiron ao I.E.S. Urbano Lugrís para facer entrega de material de protección contra a COVID-19 para o alumnado. Alí os recibiron a directora, Mª Dolores Paz, e o secretario, Pablo Alén.

Novas relacionadas

Comentarios