Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os actores involucrados debatiron sobre o saneamento e contaminación orgánica do mar ante unha gran expectación

Os actores involucrados debatiron sobre o saneamento e contaminación orgánica do mar ante unha gran expectación
Medio centenar de persoas encheron a Lareira da Fundación Expectación máxima tivo a I Mesa-Debate sobre “Ética e Contaminación Orgánica do Mar” que artellaba a Asociación Mar de Fábula. Máis de medio centenar de persoas deixaron pequena a agarimosa Lareira da Fundación Eduardo Pondal para este encontro entre diferentes actores involucrados no saneamento das nosas rías. Iremos debullando cada unha das intervencións dos 4 poñentes (baixo a moderación de Ubaldo Cerqueiro, de QPC) pero a atención provocada demostra que é un asunto que debe saír máis á luz pública. Quixeron estar presentes representantes municipais de Carballo (o concelleiro Luís Lamas), Fisterra (o teniente alcalde Kuka Sar), Malpica (o alcalde Eduardo Parga), Camariñas (o alcalde Manuel Valeriano Alonso, Pichurri), Cee (o concelleiro da oposición, BNG, Serxio Domínguez) e Ponteceso (o alcalde que tivo que marchar ao inicio). Pero ademais participaron representantes das mariscadoras (outras importantes actrices no asunto) do Anllóns, Muros, Camariñas, Noia e Corcubión. Meteunos nun cru contexto a Licenciada en Químicas Mariví Areas, como membro da entidade organizadora. Tirou de bibliografía para corroborar que a incidencia do ser humano inflúe directamente no fenómeno de eutrofización (con exemplos das illas Canarias e de Israel), un dos asuntos que máis debate xerou. Areas falou da calidade das nosas augas de baño, lamentando o caso da súa natal Lires (que leva 4 anos tendo auga de calidade insuficiente para o baño e nada se fai para que se cumpla o 5º ano que conlevaría a prohibición total), e denunciou que a Xunta apenas sinaliza algunha desas praias pero non determina o foco de contaminación nin toma medidas de precaución e erradicación, como obrigaría a Normativa Europea. Tomoulle a palabra o catedrático Manuel Soto, que ademais que corroborar os duros datos de nivel de cumprimento das normativas que nos dera a semana pasada en QPC, falou en clave de posibles pasos adiantes, como os humidais artificiais de xunqueiras ou xardíns de chuvia. Foi un dos que deixou claro que o saneamento empeza en cada casa. Precisamente a exposición de Marcos Tostado, de Augas de Corcubión, Xefe de Planta da EDAR de Cee, foi moi dirixida aos veciños. Tostado repasou as problemáticas coas que se atopa unha Estación Depuradora no día a día, e sinalou varios puntos claves: a necesaria separación de pluviais e residuais; e a cantidade de toallitas, bastinciños, compresas, que atoran á máquinaria cada día. MEsa sobre contaminacion de Mar de Fabula Imaxe da mesa sobre contaminación de Mar de Fabula Pechou o turno de poñentes José Molares, Subdirector do Intecmar. Moi interesante a visión dende o organismo que se ocupa de asegurar a calidade dos nosos moluscos. Morales explicou o traballo do Intecmar, e respondeu que en Galicia os datos non poden corroborar esa relación directa da contaminación humana coa eutrofización ou coas mareas vermellas, como si se dan noutros casos. Morales incidiu en que a natureza das nosas rías é moi diferente e que estes procesos causados polos elevados nutrientes débense ao “afloramento costeiro”. Tan interesantes foron os debates coas sempre ácedas mariscadoras presentes no acto. (Continuará...)

Novas relacionadas

Outros artigos de Xosé Manuel Barro

Novas de Mar de Fábula

Novas relacionadas Fonte

Comentarios